Pura Lorenzana
Pura Lorenzana | |
---|---|
Nacemento | 1907 e 1911 |
Lugar de nacemento | Vilasante |
Falecemento | 1 de decembro de 1997 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | catedrática de bacharelato e arqueóloga |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Pura Lorenzana Prada, nada en Vilasante (O Saviñao) en 1907 e finada en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1997[1], foi unha mestra e arqueóloga galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1925 matriculouse na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sendo a primeira muller galega en facelo. En 1930 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.[2] Participou nas investigacións sobre as medorras do Saviñao en campañas financiadas pola Comisión de Estudos en Galicia. Compartía o nacionalismo católico conservador de Vicente Risco, impartiu unha conferencia na sede da Xuventude Católica Feminina de Compostela que foi publicada en 1931 por Ánxel Casal. Instalada na dereita do galeguismo, a evolución dos acontecementos levouna a amparar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Profesora de Instituto en Tui e Ourense durante a guerra, exerceu diversos cargos políticos ao servizo do Goberno de Burgos: Depuradora das Bibliotecas Públicas, Delegada Provincial de Frontes e Hospitais e Organizadora dos servizos culturais do Fogar e do Ferido. En 1940 o Ministerio de Guerra do Goberno de Franco concedeulle a Medalla de Campaña de Retaguardia por méritos e servizos[3].
Fundou o Instituto Rosalía de Castro en 1939, do que foi a súa primeira directora, permanecendo no posto quince anos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 3-12-1997, p. 31
- ↑ Marco, Aurora. (2020). Irmandiñas. Santiago de Compostela, Galiza, U.E.: Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-466-9. OCLC 1190653388.
- ↑ Arqueólogas
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 217–223. ISBN 978-84-8487-466-9.