Punción aspirativa con agulla fina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Micrografía dunha mostra por punción aspirativa con agulla fina de glándula salivar mostrando carcinoma adenoide cístico. Coloración de Papanicolau.
Médico realizando unha PAAF para determinar a natureza dun nódulo no tecido mamario.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Punción aspirativa con agulla fina (PAAF) é un procedemento médico dirixido á investigación de pacientes con masas. A técnica consiste na retirada de pequena porción de tecido por aspiración a través dunha agulla fina e posterior coloración e análise microscópica. As biopsias por punción aspirativa de agulla fina son procedementos cirúrxicos seguros, moitas veces evitando biópsias cirúrxicas maiores (excicionais ou abertas).[1]

PAAF de tiroide[editar | editar a fonte]

A punción aspirativa con agulla fina é considerado o método diagnóstico inicial na avaliación da doenza nodular da tiroide, tendo grande aceptación pola facilidade de execución e mellor relación custo-beneficio para o diagnóstico e a selección de pacientes para cirurxía. O éxito do método depende da experiencia do patoloxista e da habilidade técnica na obtención de mostras axeitadas.[2] Na presenza dun diagnóstico negativo para neoplasia, permite observar o paciente clinicamente, reducindo a necesidade de cirurxía en máis do 50%.[3] Nos casos sospeitosos ou positivos para neoplasia, selecciona os pacientes para cirurxía, dobrando o número de carcinomas operados[4] e reducindo os custos en máis do 25%.[1][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Malinsky R, Dall'Igna D, Smith M, da Costa S S (2002). "Punção aspirativa por agulha fina em tumores cervicais". Rev Bras Otorrinolaringologia 68 (3): 394–398. 
  2. Murussi M, Pereira CEFN, Brasil BMAA. (2001). "Punção aspirativa de tireóide com agulha fina em um hospital geral: estudo de 754 punções.". Arq Bras Endocrinol Metab 45 (6): 576–83. 
  3. Hamburger JI. (1994). "Diagnosis of thyroid nodules by fine needle biopsy: Use and abuse.". J Clin Endocrinol Metab 79 (2): 335–9. 
  4. Gharib H. (1994). "Fine-needle aspiration biopsy of thyroid nodules: advantages, limitations, and effect.". Mayo Clin Proc 69: 44–9. 
  5. Hamberger B, Gharib H, Melton LJ, Goellner JR, Zinsmeister AR. (1982). "Fine-needle aspiration biopsy of thyroid nodules: impact on thyroid practice and cost of care.". Am J Med 73: 381–4.