Puig Major

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puig Major
O Puig Major

Elevación: 1.445 metros
Latitude: 39° 48′ 28″ N
Lonxitude: 02° 47′ 37″ O
Localización: Illa de Mallorca, España
Cordilleira: Serra de Tramuntana
Primeira acensión: inmemorial
Rota máis fácil: Estrada até a cima

O Puig Major é unha montaña que con 1.445 metros de altura, constitúe a cima máis elevada da illa de Mallorca e das illas Baleares. O cume pertence ao concello de Escorca, mentres o macizo onde se asenta repártese entre os municipios de Fornalutx e Escorca.

O pico sur é denominado o Penyal del Migdia (Penedo do Mediodía).

Situación[editar | editar a fonte]

O Puig Major sitúase na serra de Son Torrella, que forma parte dos macizos centrais da serra de Tramuntana, o cordal montañoso que percorre a parte occidental da illa de Mallorca. As súas coordenadas son 35º 48' 28" N e 2º 47' 37 " W.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigamente ,e aínda figura así en numerosos libros, era chamado Puig Major de Son Torrella, por contraposición ao Puig Major de Massanella, que posteriormente tamén foi renomeado simplemente como Puig de Massanella. Ambos os dous eran ditos Puig Major (literalmente Poio Maior) porque destacaban abondo a respecto das outras alturas da Serra de Tramuntana.

No ano 1932 comezou a prepararse o tendido dun teleférico que levase até o cume, mais o elevado custo do proxecto fixo que se descartase finalmente. Daquela idea, actualmente fica só unha pequena edificación que orixinou o topónimo Pla d'es Funicular (Chan do Funicular).

Xa no ano 1958, instaláronse uns radares militares norteamericanos xunto coa base correspondente, que se colocaron moi preto da leira de Son Torrella. Paralelamente á instalación do radar, que fornecería información sobre calquera tránsito aéreo no Mediterráneo occidental, e para asegurar o acceso cómodo as instalacións militares, construíuse unha estrada até a cima.

Os dous radares do cume estaban nunhas esferas visíbeis desde moitos lugares das illas, o que orixinou algunhas divertidas denominacións das mesmas. A súa cor tamén variou co tempo, pois primeiramente foron brancas, logo de cores de camuflaxe. Nos últimos tempos conforman unha única esfera, que coroa o cume máis alto de Mallorca.

Accesos[editar | editar a fonte]

A parte da estrada comentada, as rutas principais que levan ao cume son as seguintes:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]