Lagarta rabuda oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Psammodromus jeanneae")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Psammodromus jeanneae
Psammodromus jeanneae.JPG
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Gallotiinae
Xénero: Psammodromus
Especie: P. jeanneae
Nome binomial
'Psammodromus jeanneae'
Busack, Salvador e Lawson, 2006
Distribución de Psammodromus jeanneae.

Distribución de Psammodromus jeanneae.

A lagarta rabuda oriental (Psammodromus jeanneae[1]) é unha especie de lagarta da familia Lacertidae, propia da parte oriental da península Ibérica. Anteriormente estaba incluída (igual que a P. manuelae) na especie P. algirus, pero estudos recentes do seu ADN mitocondrial mostraron que é unha nova especie.[2] Non obstante, algúns autores consideran que P. algirus, P. manuelae e P. jeanneae son sinónimos (Verdú Ricoy et al. 2010).[3][4]

Busack e Lawson (2006) estimaron que o illamento reprodutivo entre as poboacións ancestrais de P. algirus a ambos os lados do estreito de Xibraltar ocorreu hai uns 2,98-3,23 millóns de anos e a separación entre P. manuelae e P. jeanneae hai entre 1,4-1,54 millóns de anos. Outros autores (Carranza et al. 2006) atrasan máis ambas as datas.

O nome da especie "jeanneae" fai referencia a Jeanne A. Visnaw, esposa dun dos descritores da especie, Stephen D. Busack. Jeanne capturou o primeiro exemplar e preparou os seus tecidos para o seu exame.[3] Esta lagarta rabuda denomínase oriental, porque a outra especie irmá, P. manuelae, ocupa a parte occidental da Península.

Descrición[editar | editar a fonte]

Coloración do dorso pardo clara, pardo cobriza ou olivácea, con dúas liñas supraciliares e outras dúas supralabiais abrancazadas ou amareladas, cunha banda escura entre elas. Nalgunhas poboacións hai unha liña vertebral escura. Ocelos axilares de cor azulada, de tamaño decrecente cara á parte posterior, menores que en P. manuelae. Os ocelos están rodeados de negro. Os machos grandes presentan en primavera os lados da cabeza e a gorxa de cor alaranxado e amarelo. Flancos de escasa coloración negra e con disposición irregular.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IUCN P. jeanneae
  2. Busack, Stephen; Salvador, A. & Lawson, Robin 2006 Two new species in the genus Psammodromus (Reptilia: Lacertidae) from the Iberian Peninsula. Annals of the Carnegle Mus. 75 (1): 1 - 10.
  3. 3,0 3,1 Reptiles database Psammodromus algirus
  4. Verdú-Ricoy, Joaquín; Carranza, Salvador; Salvador, Alfredo; Busack, Stephen D.; Díaz, José A. 2010. Phylogeography of Psammodromus algirus (Lacertidae) revisited: systematic implications. Amphibia-Reptilia 31 (4): 576-582.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]