Lagarta rabuda oriental
Psammodromus jeanneae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Psammodromus jeanneae' Busack, Salvador e Lawson, 2006 | |||||||||||||||||
Distribución de Psammodromus jeanneae.
|
A lagarta rabuda oriental (Psammodromus jeanneae[1]) é unha especie de lagarta da familia Lacertidae, propia da parte oriental da Península Ibérica. Anteriormente estaba incluída (igual que a P. manuelae) na especie P. algirus, pero estudos recentes do seu ADN mitocondrial mostraron que é unha nova especie.[2] Non obstante, algúns autores consideran que P. algirus, P. manuelae e P. jeanneae son sinónimos (Verdú Ricoy et al. 2010).[3][4]
Busack e Lawson (2006) estimaron que o illamento reprodutivo entre as poboacións ancestrais de P. algirus a ambos os lados do estreito de Xibraltar ocorreu hai uns 2,98-3,23 millóns de anos e a separación entre P. manuelae e P. jeanneae hai entre 1,4-1,54 millóns de anos. Outros autores (Carranza et al. 2006) atrasan máis ambas as datas.
O nome da especie "jeanneae" fai referencia a Jeanne A. Visnaw, esposa dun dos descritores da especie, Stephen D. Busack. Jeanne capturou o primeiro exemplar e preparou os seus tecidos para o seu exame.[3] Esta lagarta rabuda denomínase oriental, porque a outra especie irmá, P. manuelae, ocupa a parte occidental da Península.
Descrición
[editar | editar a fonte]Coloración do dorso pardo clara, pardo cobriza ou olivácea, con dúas liñas supraciliares e outras dúas supralabiais abrancazadas ou amareladas, cunha banda escura entre elas. Nalgunhas poboacións hai unha liña vertebral escura. Ocelos axilares de cor azulada, de tamaño decrecente cara á parte posterior, menores que en P. manuelae. Os ocelos están rodeados de negro. Os machos grandes presentan en primavera os lados da cabeza e a gorxa de cor alaranxada e amarela. Flancos de escasa coloración negra e con disposición irregular.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IUCN P. jeanneae
- ↑ Busack, Stephen; Salvador, A. & Lawson, Robin 2006 Two new species in the genus Psammodromus (Reptilia: Lacertidae) from the Iberian Peninsula. Annals of the Carnegle Mus. 75 (1): 1 - 10.
- ↑ 3,0 3,1 Reptiles database Psammodromus algirus
- ↑ Verdú-Ricoy, Joaquín; Carranza, Salvador; Salvador, Alfredo; Busack, Stephen D.; Díaz, José A. 2010. Phylogeography of Psammodromus algirus (Lacertidae) revisited: systematic implications. Amphibia-Reptilia 31 (4): 576-582.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lagarta rabuda oriental |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lagarta rabuda oriental |