Prudencio Nandín Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prudencio Nandín Vicente
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Prudencio Nandín Vicente foi un comerciante e político galego.

Casa para Prudencio Nandín, na Praza de Compostela, do arquitecto Jenaro de la Fuente.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dono do establecemento hortícola e floristería La Paz en Vigo. Foi un dos socios fundadores da Sociedad Eléctrica Gallega co Marqués de Riestra (1899). Foi concelleiro de Vigo dende 1892 e Tenente-Alcalde. Foi nomeado alcalde de Vigo por Real Orde de 15 de xuño de 1901, tomando posesión o 19 de xuño[2]. Dimitiu do cargo en febreiro de 1903 e para sucedelo foi nomeado Manuel Posada García-Barros[3].

Casou con Carmen Sobrino.


Predecesor:
Antonio López de Neira
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1901 - 1903
Sucesor:
Manuel Posada García-Barros

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Casa Prudencio Nandín en Turgalicia.
  2. Gaceta de Galicia, 19-6-1901, p. 2.
  3. Gaceta de Galicia, 28-2-1903, p. 3.