Proxecto estreleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proxecto estreleira
Logo
Tipoorganización política
Área de operaciónGalicia
Data de fundación27 de xullo de 2021
Na rede
https://estreleiragz.fala.gal/
Facebook: Estreleiragal-101167335422927 Twitter: EstreleiraGZ Instagram: estreleira.gal Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O proxecto estreleira é unha iniciativa popular para a difusión dos símbolos da nación galega. O seu nome fai referencia á estreleira, bandeira asociada ao nacionalismo galego de esquerda.

Historia[editar | editar a fonte]

O domingo, 27 de xuño do ano 2021, no cumio do Pico Sacro, e no mesmo día de proclamación da primeira república galega, un grupo de persoas presentaron as bases da iniciativa. O seu obxectivo é divulgar e popularizar os símbolos galegos máis senlleiros. Neste acto as persoas promotoras fixeron un chamamento para inzar o país de estreleiras polo 25 de xullo, Día da Galiza.[1]

O 21 de novembro dese mesmo ano, conmemorando a celebración da primeira asemblea nacionalista, organizaron unha cadea humana para rodear a muralla de Lugo con bandeiras galegas.[2] O 26 de xuño do 2022, na mesma data na que se proclamara a efémera Primeira República Galega, organizou un desfile pola cidade de Ourense portando, entre outras bandeiras, emblemas representando as comarcas galegas. Esta nova iconografía foi creada polo especialista en heráldica Heitor Picallo coa colaboración do historiador Antóm Santos e a deseñadora gráfica Helena Penas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]