Saltar ao contido

Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia Autónoma do Badaghxán Montañoso
Вилояти Мухтори Кӯҳистони Бадахшон (tg) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°N 73°L / 38, 73
EstadoTadjiikistán Editar o valor en Wikidata
CapitalKhorugh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación216.900 (2016) Editar o valor en Wikidata (3,38 hab./km²)
Lingua usadakirguiz
Lingua taxica
lingua rusa
Lingua xugní
Lingua ruxaní
Língua bartangi (pt) Traducir
Rasharvi (en) Traducir
Lingua yazghulami
Lingua vakhí
Lingua ixcaximí Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie64.100 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude7.496 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Ismail Samani (7.495 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación2 de xaneiro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal736000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico3522 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2TJ-GB Editar o valor en Wikidata

A Provincia Autónoma de Badaghxán Montañoso (PABM) (en taxico: Вилояти Мухтори Кӯҳистони Бадахшон / Viloyati Mukhtori Kuhistoni Badakhshon) é unha provincia montañosa autónoma ao leste do Tadjiikistán. Localizada nas Montañas do Pamir, representa un 45% da superficie total do país.

A PABM ocupa toda a parte oriental de Tadjiikistán lindando ao leste coa Provincia de Xinxiang chinesa, ao sur e ao oeste coa Provincia do Badaghxán afgán, e ao norte coa Provincia de Oxe (Osh) de kirguiz. As fronteiras internas son coa Rexión Subordinada da República (RSR) ao oeste e a parte con forma de dedo (o Distrito de Darvoz) coa Provincia de Xatlón ao norte.

A historia do Badaghxán Montañoso remóntase aos tempos dos sacas (escitas que viviron en Asia Central dende o século V a.C. ata o século III da nosa era). De acordo coas evidencias rexistradas no Mahabarata, os altiplanos do Pamir foron territorios poboados polas tribos dos lohas, os parama-camboxas e os rixicas, entre outros. Despois, heftalitas, samánides, mongois e timúrides controlaron a zona. E, finalmente, os manghitas.

No ano 1883, e incitados polos británicos, os afgáns e os chineses invadiron a rexión e ocuparon os montes do Pamir. A súa invasión puxo fin ao tratado ruso-británico de 1872 que establecía unha fronteira no val do río Panxe (Panj). Afganistán ocupou os vales do Badaghxán oriental e os chineses fixéronse coas montañas dos Pamir. Entón os pamires pediron axuda a Rusia e ofrecéronlles que os montes Pamir fosen incorporados a Rusia. Así e todo, Rusia non aceptou a oferta.

A rexión foi un foco importante de tensións políticas e conflito entre os británicos e a Rusia Imperial. En 1894 os afgáns foron expulsados do val do Panxe e en 1895 o Panxe foi aceptado coma fronteira entre os dominios británicos e o imperio ruso. Os territorios ao norte do río Panxe foron asignados ao Emir de Buxara. A rexión ao sur do Panxe (incluíndo a capital taxica Faizabad) asignouse ao Afganistán definitivamente.

Entre 1920 e 1923 a Unión Soviética ocupou toda a rexión (Parmir e Badaghxán Montañoso) e a PABM foi creada en xaneiro de 1925 e anexionada á República Socialista Soviética de Tadjiikistán (República Socialista Soviética) despois da súa creación en 1929. Durante os anos 50 moitos dos habitantes autóctonos do Badaghxán Montañoso, coñecidos coma pamires, foron trasladados pola forza ao suroeste de Tadjiikistán, ao igual que moitos outros pobos da ex-URSS. Durante o período de dominación soviética a PABM foi coñecida coma "Горно-Бадахшанская автономная область", isto é, Provincia Autónoma de Gorno-Badaghxán (igual a Badaghxán Montañoso).

Tras obter a independencia o Tadjiikistán en 1991, a rexión foi redenominada en lingua taxica coma Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso. Cando a guerra civil estalou no Tadjiikistán no ano 1992 o goberno local da PABM declarou a súa independencia da República de Tadjiikistán. Durante dita guerra civil moitos pamires foron obxecto de matanzas por grupos rivais e a PABM converteuse nun bastión da oposición. Máis tarde o goberno local da PABM retractouse da súa declaración de independencia chegando á situación actual.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

As montañas máis altas da provincia están na cordilleira do Pamir, onde se localizan tres dos cinco cumios de máis de 7.000 m.: o Pico da Independencia (7.134 m.), antes chamado Pico Lenin, na fronteira con Quirguicia, o Pico Ismail Samani (7.495 m.), antes chamado Pico do Comunismo, e o Pico Corxenievski (7.105 m).

As montañas do Pamir tamén destacan pola existencia de varios glaciares sendo o seu representante máis importante o Glaciar de Fedchenko ao norte do Pico da Independencia que, con 77 quilómetros de longo e 700 km² de superficie, é o glaciar máis longo do mundo fóra das rexións polares.

Distritos

[editar | editar a fonte]

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación é maioritariamente taxica con pequenas minorías kirguiz e rusas, en retroceso, sobre todo a rusa. A cidade máis grande na PABM é Xorugh, cunha poboación de 22.000 habitantes, a segunda máis grande é Murgob (Murghob) con 4.000 habitantes. A PABM é o fogar de múltiples linguas e dialectos do grupo de linguas chamado linguas do Pamir: xugní, ruxaní, vakhí, ixcaximí, vanxí, sariculí, bartanguí, hufí, iazgulomí, e oroxaní. A vanxí, extinguiuse no século XIX e foi falada no val do río Vanxe. Existe unha poboación kirguiz falante importante no distrito de Murgob, que dende a independencia de Tadjiikistán está en retroceso. Trala desaparición da URSS quedou unha pequena poboación de rusos falantes en Tadjiikistán, sendo moi poucos na PABM. A relixión maioritaria na PABM é a xiíta ismaelí. Teñen grande admiración e unha adhesión estendida ao Agá Khan.

Os Garm son un clan asentado no Badaghxán Montañoso. O Partido do Renacemento Islámico en Tadjiikistán está conectado a este clan dos Garm.[1]

Transporte

[editar | editar a fonte]

Tan só dúas estradas de fácil tránsito conectan a PABM co mundo exterior, Xorugh-Ox (Osh) e Xorugh-Duxanbé, ámbalas dúas son ramificacións da Autoestrada do Pamir. Unha terceira estrada dende Xorugh a Taxcurgán na China a través do Paso de Culma que é bastante curvoso e en mal estado. Badaghxán Montañoso está separado do Paquistán polo estreito case infranqueable chamado Corredor de Vaghán. Outra estrada vai dende Xorugh ata o Vaghán e cruza a fronteira afgá.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]