Proton K/DM-5 é o nome dunha variante do modelo de foguete espacialProton K pertencente á familia de foguetes Proton, tamén coñecidos como UR-500.[1][2]
O Proton K/DM-5 foi unha mellora do Proton K/DM na que se usaba unha etapa Block DM-5 en lugar da Block DM co fin de enviar cargas máis pesadas á órbita xeoestacionaria. Esta variante foi usada dúas veces para lanzar os satélites de recoñemento Araks-N 1 e 2.[1][2]