Protamina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As protaminas son pequenas proteínas, ricas no aminoácido básico arxinina, que substitúen ás histonas nas últimas fases da espermatoxénese e pénsase que son esenciais para a condensación e estabilización do ADN nos espermatozoides. Parece que permiten un empaquetado máis denso do ADN no reducido espazo da cabeza dos espermatozoides ca as histonas, pero deben ser despois descomprimidas para que a información xenética poida usarse para a síntese de proteínas. De feito, os xenes que son básicos para o desenvolvemento embrionario temperán continúan unidos ás histonas, e supoñen aproximadamente un 4% do ADN dos espermatozoides.[1]

Usos médicos[editar | editar a fonte]

Ao mesturalas coa hormona insulina, as protaminas ralentizan o comezo da acción da insulina e incrementan a súa duración .

As protaminas úsanse na cirurxía de bypass cardiopulmonar para neutralizar os efectos anticoagulantes da heparina, e para incrementar a presión na arteria pulmonar e diminuír a presión sanguínea periférica, o consumo de osíxeno no miocardio, o gasto cardíaco, e a frecuencia cardíaca.[2]

O sulfato de protamina é un antídoto da heparina.[3] Existe unha variante da protamina con cadea máis curta que tamén actúa como un potente antagonista da heparina, pero con antixenicidade moi reducida.[4]

Exemplos[editar | editar a fonte]

O rato, os homes, e certos peixes teñen dúas ou máis protaminas diferentes, mentres que o esperma de touro, porco, rata, coello, porco de Guinea e carneiro teñen só unha protamina.

Humanos[editar | editar a fonte]

As dúas protaminas humanas denomínanse PRM1 e PRM2.

Peixes[editar | editar a fonte]

Exemplos def protaminas de peixes son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Balhorn R (2007). "The protamine family of sperm nuclear proteins". Genome Biol 8 (9): 227. DOI:10.1186/gb-2007-8-9-227. PMC 2375014. PMID 17903313. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2375014. 
  2. Carr JA, Silverman N (1999). "The heparin-protamine interaction. A review.". J Cardiovasc Surg (Torino) 40 (5): 659–66. PMID 10596998. 
  3. Weiler JM, Freiman P, Sharath MD, Metzger WJ, Smith JM, Richerson HB et al. (1985). "Serious adverse reactions to protamine sulfate: are alternatives needed?". J Allergy Clin Immunol 75 (2): 297–303. DOI:10.1016/0091-6749(85)90061-2. PMID 2857186. 
  4. Byun Y, Chang LC, Lee LM, Han IS, Singh VK, Yang VC (2000). "Low molecular weight protamine: a potent but nontoxic antagonist to heparin/low molecular weight protamine". Asaio J. 46 (4): 435–9. DOI:10.1097/00002480-200007000-00013. PMID 10926141.