Saltar ao contido

CP 200

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CP-200
CP 200 Modelo I
CP 200 Modelo II
Información xeral
FabricantePrológica
FamiliaSinclair ZX-81
Información técnica
ProcesadorZ-80A
Memoria16KB ou 48KB
Almacenaxecasete
GráficosSemigráficos: 64x44
SucesorCP 200S

O CP 200 era un computador doméstico brasileiro producido pola empresa Prológica a partir de 1982. Era compatíbel en software e hardware co Sinclair ZX81 británico, aínda que fose unha copia menos fidedigna do que as máquinas concorrentes (TK82C e TK83). Foron comercializados dous modelos, que tiñan a aparencia exterior ben similar, mais o primeiro modelo que saíu tiña o logotipo da empresa en altorelevo e o chasis un pouco menor, mentres o segundo modelo tiña unha placa co logotipo na mesma posición. Posteriormente, Prológica redeseñou a caixa, engadiu unha saída para monitor de vídeo, fonte de alimentación externa, e relanzou o produto como "CP200S".[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Memoria:
    • ROM: 8 KiB
    • RAM: 16 KiB (non ampliable internamente)
  • Teclado: mecánico simplificado con retorno auditivo, tipo calculadora, con 43 teclas, incluíndo dúas teclas vermellas que accionadas en conxunto provocaban un reset na máquina.
  • Monitor:
    • 22 X 32 texto (en "vídeo inverso": caracteres claros sobre fondo escuro)
    • 64 x 44 ("semi-gráfico")
  • Expansión:
  • Portos:
    • 1 saída para TV (modulador RF, canle 3)
    • 1 saída para monitor (só no CP200S)
    • Interface de casete
    • 1 conector para panca de mando
  • Almacenamento:
    • Gravador de casete (a 500/1500 bauds)
  1. "Prologica CP200" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  2. "ZX81 Clones from Prologica, Brazil" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2016.