Professional Women's Hockey League
Nome na lingua orixinal | (fr-ca) Ligue professionnelle de hockey féminin (en) Professional Women's Hockey League |
---|---|
Tipo | professional sports league (en) |
Deporte | hóckey sobre xeo |
Membros | 6 |
Número de participantes | 6 |
Localización e Datas | |
País | Canadá e Estados Unidos de América |
Vixencia | 2023 – |
Outro | |
Páxina web oficial | thepwhl.com |
A Professional Women's Hockey League ou PWHL (en francés Ligue professionnelle de hockey féminin ou LPHF) é unha liga profesional feminina de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. É propiedade e está operada na súa totalidade por Mark Walter Group. A liga foi fundada en 2023 e está integrada por seis equipos, tres de cada un dos países, que xogan unha liga regular para determinar que catro equipos disputan os play-offs que determinan o equipo campión.
Equipos
[editar | editar a fonte]Nome | Cidade | Estadio | Capacidade | Director/a xeral | Adestrador/a | Capitá |
---|---|---|---|---|---|---|
Boston Fleet | Lowell, MA | Tsongas Center | 6 003 | Danielle Marmer | Courtney Kessel | Hilary Knight |
Minnesota Frost | Saint Paul, MN | Xcel Energy Center | 17 954 | Natalie Darwitz | Ken Klee | Kendall Coyne Schofield |
Montreal Victoire | Laval, QC | Place Bell | 10 062 | Danièle Sauvageau | Kori Cheverie | Marie-Philip Poulin |
Montreal, QC | Verdun Auditorium | 4 114 | ||||
New York Sirens | Bridgeport, CT | Total Mortgage Arena | 8 412 | Pascal Daoust | Howie Draper | Micah Zandee-Hart |
Elmont, NY | UBS Arena | 17 255 | ||||
Ottawa Charge | Otava, ON | TD Place Arena | 8 585 | Michael Hirshfeld | Carla MacLeod | Brianne Jenner |
Toronto Sceptres | Toronto, ON | Mattamy Athletic Centre | 3 850 | Gina Kingsbury | Troy Ryan | Blayre Turnbull |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Tempada | Campión | Resultado | Finalista | — | 1º da liga regular |
---|---|---|---|---|---|
2024-25 | - | ||||
2023-24 | Minnesota | 3 - 2 | Boston | - | Toronto |
Asistencia
[editar | editar a fonte]Na súa tempada inaugural a PWHL bateu varios récords de audiencia. O 27 de xaneiro de 2024, durante o partido que disputaron Montreal e Ottawa no Place Bell de Laval (Quebec) rexistrouse a maior audiencia a un partido profesional de hóckey sobre xeo feminino no Canadá logo de rexistrar 8 646 persoas nas bancadas.[1] Posteriormente, no Little Caesars Arena de Detroit superouse o récord de asistencia a un partido feminino nos Estados Unidos de América con 13 736 persoas nas bancadas durante a vitoria de Boston fronte a Ottawa o 16 de marzo de 2024.[2] O 16 de febreiro de 2024 superouse un novo rexistro de asistencia cando 19 285 persoas presenciaron en directo no Scotiabank Arena de Toronto o partido entre Toronto e Montreal.[3] Con todo, o maior fito da competición chegou o 20 de abril de 2024, cando 21 105 persoas encheron o Bell Centre de Montreal durante o partido entre o equipo local e Toronto, converténdose deste xeito no partido máis visto na historia do hóckey sobre xeo feminino.[4]
Radiodifusión
[editar | editar a fonte]Internacionalmente a liga pode seguirse vía streaming a través da canle da súa canle oficial de YouTube. No Canadá a canle de televisión Sportsnet foi a primeira en confirmar que emitiría algúns partidos da competición, e pouco despois anunciouse que TSN e RDS, esta última con programación en lingua francesa, retransmitirían partidos da liga regular e dos play-offs. O 1 de xaneiro de 2024, TSN deu cobertura ao partido inaugural da PWHL entre New York e Toronto, que finalizou coa vitoria (4-0) do equipo estadounidense.[5] Nos Estados Unidos, a liga está dispoñible rexionalmente en Bally Sports North, NESN, SportsNet Pittsburgh e MSG Network.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GAME RECAP: MURPHY SCORES WINNER, DESBIENS MAKES 43 SAVES AS MONTRÉAL BEATS OTTAWA IN FRONT OF RECORD-BREAKING CROWD" (en inglés). ThePWHL.com. 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ "GAME RECAP: KNIGHT SCORES, ADDS SHOOTOUT WINNER AS BOSTON DEFEATS OTTAWA IN FRONT OF RECORD-BREAKING CROWD IN DETROIT" (en inglés). ThePWHL.com. 16 de marzo de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ "PROFESSIONAL WOMEN’S HOCKEY LEAGUE BREAKS ALL-TIME ATTENDANCE RECORD FOR WOMEN’S HOCKEY" (en inglés). ThePWHL.com. 16 de febreiro de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ "PROFESSIONAL WOMEN’S HOCKEY LEAGUE (PWHL) SETS WORLD RECORD FOR ATTENDANCE" (en inglés). ThePWHL.com. 20 de abril de 2024. Consultado o 11 de maio de 2024.
- ↑ Saleh, Tariq (2 de xaneiro de 2024). "TSN, RDS, and Sportsnet land PWHL rights; Air Canada, Rogers named partners". Sportcal (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ "Professional Women's Hockey League announces national broadcast partnerships for inaugural 2024 season". CTV News (en inglés). 29 de decembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de marzo de 2024.
- ↑ Shircliff, Elaine (31 de decembro de 2023). "How to Watch the Inaugural PWHL Season" (en inglés). fullpresshockey.com. Consultado o 31 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Professional Women's Hockey League |