Saltar ao contido

Ottawa Charge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ottawa Charge
Charge d'Ottawa
Fundación29 de agosto de 2023
Cidade Otava
Ontario
Canadá
EstadioTD Place Arena
(8 585 persoas)
LigaProfessional Women's Hockey League
Director Michael Hirshfeld
Adestrador Carla MacLeod
CoresVermello, dourado, branco e gris
                       
Na rede
Facebook: PWHLOttawa Twitter: pwhl_ottawa Instagram: pwhl_ottawa Editar o valor en Wikidata

O Ottawa Charge (en francés Charge d'Ottawa) é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Otava (Ontario, Canadá), que compite na Professional Women's Hockey League (PWHL), sendo unha das seis franquía fundadoras da competición. O equipo fundouse o 29 de agosto de 2023 co nome PWHL Ottawa. Dende o seu debut na PWHL está dirixido pola adestradora canadense Carla MacLeod. O equipo é propiedade do Mark Walter Group

O Ottawa Charge xoga os seus partidos como local no TD Place Arena, pavillón que comparte co equipo masculino dos Ottawa 67’s da Ontario Hockey League (OHL), e que foi a casa dos Ottawa Senators da National Hockey League (NHL) dende a súa fundación en 1992 ata 1996.

A franquía ten un importante apoio social na cidade, o que a converteu no equipo co mellor rexistro de asistencia media ao seu pavillón na tempada inaugural da PWHL con 7 496 persoas de media nas bancadas, e o 2 de xaneiro de 2024, no seu primeiro partido como local, acadou o mellor rexistro ata aquel momento para un partido de hóckey sobre xeo feminino cun total de 8 318 persoas.

Na tempada inaugural da liga, o daquela denominado Ottawa PWHL quedou ás portas da clasificación para as series eliminatorias, tendo chegado ao derradeiro partido con opcións de clasificarse. Con todo, tempada 2024-25 o equipo clasificouse por primeira vez na súa historia para os play-offs logo de finalizar a liga regular na terceira posición. Na súa primeira presenza nas series pola Walter Cup o equipo clasificouse para as finais logo de eliminar (3-1) o Montreal Victoire, primeiro clasificado e máximo favorito ao título. O segundo partido da serie fixo historia ao converterse, con catro prórrogas e 135:33 minutos disputados, no partido máis longo na historia do hóckey sobre xeo profesional feminino e un dos partidos máis longos do hóckey profesional norteamericano.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Primeira imaxe coñecida dun partido feminino de hóckey sobre xeo en Rideau Hall c. 1890.

A cidade de Otava ten unha longa tradición no hóckey sobre xeo feminino, sendo a cidade na que as mulleres comezaron a practicar a modalidade.[1] Na cidade xogouse o primeiro partido feminino do que se ten rexistro no Rideau Skating Rink o 8 de marzo de 1889.[2] Ademais, a primeira imaxe coñecida dunha muller xogando ao hóckey sobre xeo tomouse na cidade en 1890 cando Lady Isobel, filla do gobernador xeral do Canadá Frederick Stanley, foi fotografada nos xardíns de Rideau Hall.[a][4]

Contra a última década do século XIX comezaron a crearse os primeiros equipos femininos na rexión da capital. Estes equipos inluían as New Edinburgh Alphas, as Rideau Rink Ladies, as Hull Vestas e as Cliffside Ladies, tamén coñecidas como as Busy Bees. A principios do século XX a cidade tiña xa o seu propio campionato feminino, cuxa primeira edición gañaron precisamente as Busy Bees.[1]

Nos inicios do século XX destacaron as Ottawa Alerts, que gañaron a Dey Cup logo de derrotar as Montreal Westerns, e en 1922 uníronse á Asociación Femenina de Hockey de Ontario (LOHA nas súas iniciais en inglés). Con todo, a Gran Depresión supuxo a fin do hóckey sobre xeo feminino, tanto na capital coma no resto do país e non foi ata a década de 1970 cando rexurdiu como deporte importante.[1] O último equipo profesional feminino da cidade foron as Ottawa Lady Senators (inicialmente coñecidas na NWHL como Ottawa Raiders), que competiron na Canadian Women's Hockey League (CWHL) dende 2008 ata o 2010.[5][6]

Fundación

[editar | editar a fonte]

O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Otava.[7] Dous días despois Michael Hirshfeld, antigo director executivo da Asociación de Adestradores da National Hockey League durante sete anos pero sen moita experiencia no hóckey feminino nin na dirección de ningún equipo masculino de primeiro nivel, foi nomeado director xeral do equipo.[8][9] Ese mesmo día anunciouse que o TD Place Arena sería o seu estadio como local.[10]

A cada equipo da PWHL permitíuselle facer tres contratacións durante o período de axencia libre antes do draft de 2023. Ottawa fichou as xogadoras medallistas de ouro coa selección canadense nos Xogos Olímpicos de 2022 Emily Clark, Brianne Jenner, e Emerance Maschmeyer o 5 de setembro de 2023, que se converteron nas primeiras incorporacións do equipo.[11][12] Cada unha asinou un contrato por tres anos vixente ata a tempada 2025–26 a razón de 80 000 dólares estadounidenses por tempada.[13]

O 15 de setembro anunciouse a contratación de Carla MacLeod, antiga membro da selección canadense e seleccionadora da República Checa, como primeira adestradora do equipo.[14] Logo seleccionou 15 xogadoras no draft da liga o 18 de setembro, sendo a primeira elección de Ottawa Savannah Harmon, integrante da selección estadounidense.[15] O 17 de outubro anunciouse que Haley Irwin e Cassea Schols serían as adestradoras asistentes, mentres que Pierre Groulx sería o adestrador de porteiras.[16]

Tempada inaugural

[editar | editar a fonte]
Hayley Scamurra celebrando un gol en 2024 co daquela PWHL Ottawa.

O 17 de decembro de 2023 anunciouse que o equipo vendera todas as localidades para o seu primeiro partido fronte a Montreal o 2 de xaneiro de 2024.[17] Días despois, pouco antes do inicio da tempada inaugural, a 2023-24, Ottawa anunciou que Jenner sería a capitá do equipo, con Clark e Jincy Roese como capitás asistentes.[18]

O primeiro partido da historia da franquía disputouse o 2 de xaneiro de 2024, cando Ottawa recibiu o PWHL Montreal no TD Place Arena. O partido estableceu un novo récord de asistencia a un partido profesional de hóckey sobre xeo feminino con 8 318 persoas nas bancadas.[19] Hayley Scamurra anotou o primeiro gol da historia da franquía para adiantar o equipo anfitrión (1-0); con todo, Montreal gañou no tempo engadido cun marcador de 2–3.[19]

Ottawa debía disputar o seu segundo partido en Boston, mais este suspendeuse a causa das inclemencias meteorolóxicas e o equipo da capital canadense tivo un parón de dez días ata que disputou o seu seguinte encontro en Toronto, onde conseguiu a súa primeira vitoria no su segundo partido disputado, cando derrotou por 5–1 a PWHL Toronto o 13 de xaneiro con dous goles de Gabbie Hughes.[20] A súa primeira vitoria como local chegou o 23 de xaneiro, tamén fronte a Toronto.[21]

Xogadoras do PWHL Ottawa durante un partido fronte o PWHL Minnesota.

O 1 de febreiro celebrouse o partido das estrelas da National Hockey League no Scotiabank Arena de Toronto. Como parte do evento disputouse o Canadian Tire PWHL 3-on-3 Showcase, un partido de 20 minutos entre dous equipos coas xogadoras das seis franquías da liga.[22] O equipo de Otava estivo representado por catro xogadoras: Brianne Jenner, Emily Clark, Emerance Maschmeyer e Savannah Harmon.[23]

O 6 de febreiro anunciouse que se xogarían dous partidos da PWHL en campos neutrais nas cidades de Detroit e Pittsburgh os días 16 e 17 de marzo dentro do chamado PWHL Takeover Weekend. Ottawa foi un dos catro equipos participantes na xira e disputou o seu encontro no Little Caesars Arena de Detroit o 16 de marzo fronte a Boston.[24] Finalmente o equipo estadounidense levouse a vitoria nos shootouts nun encontro presenciado por 13 736 persoas, o que supuxo o mellor rexistro de asisntencia a un partido profesional feminino de hóckey sobre xeo nos Estados Unidos.[25]

Ottawa acabou a liga regular sen clasificarse para os play-offs na tempada inaugural da PWHL, quedando sen opcións logo da derrota por 5-2 ante Toronto no último partido da tempada.[26] A pesar de non clasificarse para as series, Ottawa liderou a PHWL en audiencia durante a súa tempada inaugural.[27] O resultado final de Ottawa significou que se lle outorgase ao equipo a segunda elección xeral no draft de 2024.[28]

Primeira clasificación para os play offs e as finais

[editar | editar a fonte]
Emily Clark (de branco) durante un partido fronte a Minnesota Frost o 21 de xaneiro de 2025.

No verán, o Ottawa Charge reforzouse coa elección no draft da xogadora canadense Danielle Serdachny (seleccionada na segunda posición) e a finlandesa Ronja Savolainen, escollida na segunda rolda na oitava posición total.[29][30]

O Ottawa Charge comezou a tempada 2024–25 cunha visita ao Place Bell de Laval fronte o Montreal Victoire o 30 de novembro de 2024. O primeiro partido da liga regular decidiuse nos shootouts a favor do equipo local (4-3).[31] O equipo de Otava pasou a maior parte da liga regular fóra dos catro primeiros postos que daban acceso aos play-offs. Logo do parón da liga polos compromisos internacionais do mes de febreiro, o equipo mellorou o seu xogo, o que o levou a un rexistro de 7-2-2-4 cunha media de 2,93 goles por partido, fronte os 1,8 goles que promediaba antes de febreiro e que eran o peor rexistro da liga. As xogadoras do Charge chegaron ás últimas xornadas dependendo de si mesmas para clasificarse para as series pola Walter Cup, e no penúltimo partido da tempada fronte a Minnesota Frost precisaban unha vitoria para sacar seis ou sete puntos de vantaxe fronte as estadounidenses e asegurar a presenza nas series, mais a derrota (3-0) obrigou ás xogadoras de Carla MacLeod a conseguir unha vitoria no último partido da tempada fronte ás Toronto Sceptres, ou a esperar unha vitoria de Minnesota fronte a Boston.[32]

O 3 de maio as Ottawa Charge conseguiron clasificarse por primeira vez na súa historia para os play-offs da PWHL logo de derrotar as Toronto Sceptres (1-2) cun gol na prórroga da xogadora checa Kateřina Mrázová no Coca-Cola Coliseum de Toronto. O equipo da capital canadense dependía de si mesmo para conseguir a clasificación para as series, tendo que conseguir unha vitoria. A vitoria do Minnesota Frost fronte o Boston Fleet levaron o Charge ata a terceira posición da táboa.[33]

Como primeiro clasificado da liga regular, Montreal escolleu o seu rival nas semifinais da liga, seleccionando o Ottawa Carge,[34] ante o que conseguiran un rexistro favorable de 3–1–0–2 na liga regular.[35] Con todo, o equipo capitalino levouse a vitoria no primeiro partido da serie disputado na casa das Victoire (2-3) grazas ao gol de Shiann Darkangelo no minuto 9:17 de último terzo, engadíndolles presión ás xogadoras do equipo quebequés, máximo favorito a alzar a Walter Cup.[36][37]

O segundo partido da serie estivo marcado pola igualdade. Ottawa remontou o 2-0 inicial das quebequesas nos último cinco minutos do encontro, anotando Jenner o gol do empate a tan só 41,8 segundos do final do tempo regulamentario. Ambos equipos disputaron de situacións de superioridade de 5 contra 3 na primeira prórroga, mais ningún puido anotar. Houbo que esperar ao minuto 15:33 da cuarta prórroga, cando Catherine Dubois bateu a porteira de Ottawa, Gwyneth Philips, para deixar a vitoria na casa e igualar a eliminatoria. Ambos equipos xogaron un total de 135:33 minutos que converteron o partido no máis longo da histria da PWHL e o segundo partido máis longo da historia do hóckey profesional en Montreal, só superado pola derrota dos Montreal Maroons en seis prórrogas fronte os Detroit Red Wings nos play-offs da Stanley Cup de 1936 e que se prolongou 176:30 minutos.[38][39][40][41]

O papel destacado da porteira Gwyneth Philips levouna a ser nomeada MVP dos play-offs a pesar da derrota nas finais fronte ás Minnesota Frost.

No terceiro partido, disputado no TD Place Arena de Otava, as xogadoras locais impuxéronse cun solitario gol de Mannon McMahon no minuto 8:42 do terceiro terzo e cunha gran actuación da porteira local, a xogadora de primeiro ano Gwyneth Philips, que rexistrou o seu primeiro shutout tras deter 26 tiros.[42] Finalmente no cuarto partido, disputado de novo na capital canadense o 16 de maio, o Ottawa Charge impúxose ao Victoire (2-1) e conseguiu disputar unhas finais por primeira vez na súa historia fronte a Minnesota Frost, as defensoras do título. A actuación da porteira estadounidense Gwyneth Philips (19 paradas no partido decisivo) foi clave para conseguir o fito. A xogadora nada en Otava Rebecca Leslie abriu o marcador no primeiro período, mentres que Emily Clark anotou o gol da vitoria.[43]

Nas finais as Ottawa Charge enfrontáronse a Minnesota Frost, as defensoras do título, con vantaxe para o equipo canadense ao ter finalizado a liga regular na terceira posición, mentres que as estadounidenses finalizaron na cuarta. Deste xeito Ottawa converteuse no primeiro equipo canadense en xogar unhas finais da PWHL. No primeiro partido, disputado na capital do Canadá, as xogadoras locais conseguiron a vitoria na prórroga, marcando un rexistro de tres vitorias e ningunha derrota como local nos play-offs. Logo de finalizar o tempo regulamentario con empate a un gol, Emily Clark anotou o gol da vitoria no minuto 2:47 da primeira prórroga para poñer o seu equipo por diante na serie.[44] Con todo, as xogadoras dirixidas por Carla MacLeod perderon os tres seguintes partidos, todos eles por 2-1 na prórroga, incluída unha triple prórroga no terceiro partido. No cuarto e definitivo partido un gol de Liz Schepers no minuto 12 da prórroga privou o equipo de Ottawa de conseguir o seu primeiro campionato.[45][46] O destacado papel da porteira Gwyneth Philips valeulle para ser nomeada MVP dos play-offs, conseguindo o trofeo Ilana Kloss.[47][48]

Logo da exitosa tempada, o equipo tivo que facer fronte a unha renovación forzosa logo da expansión da liga a Vancouver e Seattle, que fixo que cada un dos seis equipos da tempada inaugural perderan catro xogadoras no draft de expansión.[49] Para o período de cinco días permitidos pola liga para que as xogadoras non protexidas polos seus equipos e as axentes libres negociaran con calquera das dúas novas franquías, Ottawa protexeu a dianteira canadense Emily Clark, a porteira estadounidense Gwyneth Philips e a defensa finlandesa Ronja Savolainen, mais logo de que Vancouver fichara a Emerance Maschmeyer e Seattle a Danielle Serdachny, protexeu tamén a dianteira estadounidense Gabbie Hughes.[50][51]

Identidade do equipo

[editar | editar a fonte]
Logotipo inaugural da franquía baixo o nome PWHL Ottawa.

Coma o resto das franquías fundadoras da PWHL, Ottawa operou sen unha marca propia distintiva durante a tempada inaugural da liga. O equipo empregou un modelo de camisola similar ao empregada por todos os equipos e que amosaba o nome da cidade en diagonal na parte dianteira, e era coñecido como PWHL Ottawa.[52] O equipo tiña a súa propia paleta de cores co vermello e o gris. En outubro de 2023 a liga rexistrou a marca rexistrada para o nome Ottawa Alert, aparentemente como homenaxe ás Ottawa Alerts, campioas das "series mundiais" a principios do século XX.[53] As cores e as camisolas do novo equipo reveláronse oficialmente o 14 de novembro de 2023, escolléndose as cores vermello, gris "tormenta" e branco.[54]

Finalmente, a franquía de Ottawa foi nomeada finalmente Charge cando a PWHL desvelou os nomes das franquías en setembro de 2024. O nome Charge fai referencia ao lema da cidade de Otava, "Advance—Ottawa—En Avant".[55] The Hockey News informou de que outros nomes en disputa para Ottawa foran Advance (outra clara referencia ao lema) e Guard.[56] Ademais do nome, a liga revelou o logotipo do equipo, círculo inacabado en movemento que representa as iniciais OC; tamén se engadiu o amarelo á paleta de cores do equipo.[55]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: TD Place Arena.
Interior do TD Place Arena en 2016.

O Ottawa Charge xoga os seus partidos como local no Ottawa Civic Centre, coñecido por motivos de patrocinio como TD Place Arena.[57] O pavillón completouse en xaneiro de 1968 como parte dos proxectos emprendidos pola cidade con motivo do seu centenario,[58][59] e ten capacidade para máis de 8 000 persoas sentadas.[b]

O pavillón acolle ademais os partidos como local do equipo de hóckey sobre xeo masculino júnior dos Ottawa 67’s da Ontario Hockey League (OHL), e foi a casa dos Ottawa Senators da National Hockey League dende a súa fundación en 1992 ata o seu traslado ao Scotiabank Place a principios de 1996.[59]

Datos de asistencia

[editar | editar a fonte]

O PWHL Ottawa foi a franquía máis exitosa da Professional Women's Hockey League en termos de asistencia na tempada inaugural da liga, cando os partidos do equipo da capital canadense rexistraron unha media de 7 496 persoas nas bancadas a pesar de ser o mercado máis pequeno de entre as seis franquías fundadoras. No seu primeiro partido como local, celebrado o 2 de xaneiro de 2024, o TD Place Arena rexistrou 8 318 persoas nas bancadas, e durante a maior parte da tempada o equipo rozou esa cifra, o que supuxo o mellor rexistro de asistencia a un partido de hóckey sobre xeo feminino profesional ata o momento.[60][61]

Datos de asistencia ao TD Place Arena
Ano Asistencia media
2023-24 7 496
2024-25

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadoras

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 26 de abril de 2025.[62][63][64][65][66][67][68][69][70]

# Nac Xogador/a Posición[c] S/G[d] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
9 Adolfsson, JessicaJessica Adolfsson D L (26 anos) 2024 Linköping, Suecia
35 Angers, LoganLogan Angers G R (25 anos) 2024 Winnipeg, Manitoba
12 Bach, VictoriaVictoria Bach F L (28 anos) 2024 Milton, Ontario
21 Bell, AshtonAshton Bell D R (25 anos) 2023 Deloraine, Manitoba
3 Boyd, ZoeZoe Boyd D L (24 anos) 2023 Caledon East, Ontario
26 Clark, EmilyEmily Clark (A) F L (29 anos) 2023 Saskatoon, Saskatchewan
27 Darkangelo, ShiannShiann Darkangelo F L (31 anos) 2024 Royal Oak, Michigan
22 House, TaylorTaylor House F L (26 anos) 2024 Joliet, Illinois
17 Hughes, GabbieGabbie Hughes F L (25 anos) 2023 Lino Lake, Minnesota
5 Isbell, SamanthaSamantha Isbell F L (27 anos) 2024 Thunder Bay, Ontario
19 Jenner, BrianneBrianne Jenner (C) F R (34 anos) 2023 Oakville, Ontario
23 Larocque, JocelyneJocelyne Larocque D L (37 anos) 2024 Ste. Anne, Manitoba
37 Leslie, RebeccaRebecca Leslie F R (29 anos) 2024 Ottawa, Ontario
6 Markowski, StephanieStephanie Markowski D R (23 anos) 2024 Edmonton, Alberta
38 Maschmeyer, EmeranceEmerance Maschmeyer Lesionado G L (30 anos) 2023 Bruderheim, Alberta
18 McMahon, MannonMannon McMahon F R (23 anos) 2024 Maple Grove, Minnesota
94 Austria Meixner, AnnaAnna Meixner F L (31 anos) 2024 Zell am See, Austria
16 República Checa Mrázová, KateřinaKateřina Mrázová F L (30 anos) 2023 Kolín, Checoslovaquia
71 Roese, JincyJincy Roese (A) D L (28 anos) 2023 O'Fallon, Missouri
88 Finlandia Savolainen, RonjaRonja Savolainen D L (27 anos) 2024 Helsinqui, Finlandia
92 Serdachny, DanielleDanielle Serdachny F R (24 anos) 2024 Edmonton, Alberta
8 Snodgrass, NatalieNatalie Snodgrass F R (26 anos) 2023 Eagan, Minnesota
2 República Checa Tejralová, AnetaAneta Tejralová D L (29 anos) 2023 Praga, República Checa
13 República Checa Vanišová, TerezaTereza Vanišová F L (29 anos) 2024 Strakonice, República Checa
10 Vasko, AlexaAlexa Vasko Lesionado F L (26 anos) 2024 St. Catharines, Ontario
32[e] Morgan, LucyLucy Morgan G R (23 anos) 2024 Mandan, Dakota do Norte
33[e] Philips, GwynethGwyneth Philips G R (24 anos) 2024 Athens, Ohio


Brianne Jenner foi nomeada primeira capitá do equipo de Otava.

A finais de decembro de 2023 o daquela PWHL Ottawa nomeou a Brianne Jenner como capitá do equipo. Emily Clark e Jincy Roese foron nomeadas capitás asistentes do equipo na tempada inaugural da PWHL.[71]

Capitás do Ottawa Charge
Nome(s) Período
Brianne Jenner 2023-

Eleccións na primeira rolda do draft

[editar | editar a fonte]

Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras. Nas edicións celebradas ata o momento o Ottawa Charge nunca escolleu na primeira posición.

Eleccións na primeira rolda do draft
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga) Ref
2023 Savannah Harmon Team Harvey's (PWHPA) [72]
2024 Danielle Serdachny Colgate University (NCAA) [73]

Líderes históricas

[editar | editar a fonte]
Emily Clark é a xogadora que máis partidos vestiu a camisola do Charge.

Nas estatísticas de xogo durante a liga regular salientan as figuras das atacantes canadenses Brianne Jenner e Emily Clark. Jenner é a máxima goleadora da historia do equipo con 16 goles en 52 encontros disputados, ademais é a líder histórica en puntos, cun total de 35. Pola súa banda Clark é a xogadora que máis partidos vestiu a camisola do Charge con 54 partidos disputados, e a que máis asistencias sumou no equipo de Otava cun total de 21. A defensa co mellor rexistro de puntos é a estadounidense Jincy Roese, con 19 puntos en 51 partidos. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:[74]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricas do Ottawa Charge
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts
Brianne Jenner F 52 16 19 35
Emily Clark F 54 13 21 34
Gabbie Hughes F 53 14 14 28
República Checa Kateřina Mrázová F 37 9 16 25
República Checa Tereza Vanisova F 36 15 9 24
Jincy Roese D 51 3 16 19

Adestradoras

[editar | editar a fonte]

A dobre medallista de ouro olímpica canadense Carla MacLeod foi escollida como adestradora da franquía para a tempada inaugural. MacLeod adestrara previamente en programas formativos en Alberta, e dende 2022 exerce de adestradora xefa da selección checa, coa que conseguiu unha histórica medalla de bronce no Campionato do Mundo de 2022.[75][76]

Adestradoras do Ottawa Charge
Nome(s) Período
Carla MacLeod 2023-

Directores xerais

[editar | editar a fonte]

Pouco despois de anunciar que unha das franquías que integrarían a PWHL tería a súa sede en Otava, Michael Hirshfeld foi nomeado o seu primeiro director xeral.[77]

Directores xerais do Ottawa Charge
Nome(s) Período
Michael Hirshfeld 2023-

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Trofeos individuais

[editar | editar a fonte]
  1. Rideau Hall é a residencia oficial do gobernador xeral do Canadá dende 1867.[3]
  2. A Guía de Pavillóns da Ontario Hockey League (OHL) cifra a súa capacidade en 9 862 persoas, sen especificar se son sentadas ou se conta con prazas de pé para os partidos da liga.[59]
  3. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    • G: Goalie (porteiro)
    • D: Defenceman (defensa)
    • F: Forward (atacante).
  4. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
  5. 5,0 5,1 Xogadora reserva do equipo durante a tempada.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Women on Ice: Ottawa’s Own" (en inglés). The Historical Society of Ottawa. 26 de marzo de 2024. Consultado o 29 de abril de 2025. 
  2. "The Season's Pastimes: Hockey at the Rideau Rink". Ottawa Daily Citizen (en inglés). 9 de marzo de 1889. p. 1. 
  3. "Rideau Hall" (en inglés). National Capital Commission. Consultado o 29 de abril de 2025. 
  4. "HISTORY OF WOMEN'S ICE HOCKEY" (en inglés). IIHF.com. Consultado o 29 de abril de 2025. 
  5. "Canadian Womens Hockey League history and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 29 de abril de 2025. 
  6. "Ottawa Lady Senators Statistics and History" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 29 de abril de 2025. 
  7. Wyshynski, Greg (29 de agosto de 2023). "Six inaugural franchises revealed for new PWHL". ESPN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  8. Donkin, Karissa (16 de novembro de 2023). "How PWHL Ottawa was built from scratch in less than 80 days". CBC Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  9. St-Laurent, Sylvain (1 de setembro de 2023). "Un premier visage pour l’équipe professionnelle de hockey féminin d’Ottawa". Le Droit (en francés). Consultado o 1 de maio de 2025. 
  10. "Ottawa's pro women's hockey team to share TD Place Arena with junior 67's". Ottawa Citizen (en inglés). 2 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  11. "Les premières signatures dans la LPHF sont annoncées". Radio-Canada (en francés). 5 de setembro de 2023. Consultado o 1 de maio ode 2025. 
  12. "Jenner, Clark, Maschmeyer become PWHL's first players after signing with Ottawa". Sportsnet (en inglés). 5 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2023. Consultado o 18 de abril de 2025. 
  13. Kennedy, Ian (5 de setembro de 2023). "Jenner, Maschmeyer, Clark Sign With PWHL Ottawa". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2023. Consultado o 18 de abril de 2025. 
  14. "Carla MacLeod named head coach of Ottawa's PWHL team". CityNews (en inglés). 16 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  15. Kennedy, Ian (18 de setembro de 2023). "Savannah Harmon Chosen 5th Overall By Ottawa". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2023. Consultado o 18 de abril de 2025. 
  16. Kennedy, Ian (17 de outubro de 2023). "PWHL Ottawa Hires Assistant Coaches, Goalie Coach". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2023. Consultado o 18 de abril de 2025. 
  17. Raymond, Ted (17 de decembro de 2023). "PWHL Ottawa home opener sell-out to set North American attendance record". CTV News Ottawa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2023. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  18. Donkin, Karissa (29 de decembro de 2023). "Marie-Philip Poulin, Brianne Jenner named captains of PWHL Montreal, Ottawa". CBC Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2023. Consultado o 19 de abril de 2025. 
  19. 19,0 19,1 Brennan, Don (2 de xaneiro de 2024). "A Night to Remember: Montreal scores OT win in Ottawa's historic PWHL opener". Ottawa Sun (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2024. Consultado o 19 de abril de 2025. 
  20. Ibrahim, Abdulhamid (13 de xaneiro de 2024). "Ottawa rides fast start, 2 power-play goals to 1st-ever PWHL win". CBC Sports (en inglés). The Canadian Press. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2024. Consultado o 19 de abril de 2025. 
  21. "Ottawa finally wins PWHL game at home, beats Toronto". =TSN (en inglés). The Canadian Press. 13 de xaneiro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2024. Consultado o 21 de abril de 2025. 
  22. "Poulin, Knight highlights PWHL representatives at NHL All-Star weekend". TSN.ca (en inglés). 15 de xaneiro de 2024. Consultado o 3 de maio de 2025. 
  23. McLellan, Ashley (30 de xaneiro de 2024). "PWHL OTTAWA PLAYERS LOOK AHEAD TO THREE-ON-THREE ACTION AT NHL ALL-STAR THURSDAY" (en inglés). thePWHL.com. Consultado o 3 de maio de 2025. 
  24. McLellan, Ashley (6 de febreiro de 2024). "PROFESSIONAL WOMEN’S HOCKEY LEAGUE (PWHL) COMING TO DETROIT AND PITTSBURGH MARCH 16-17 AS PART OF “PWHL TAKEOVER WEEKEND”" (en inglés). thePWHL.com. Consultado o 3 de maio de 2025. 
  25. McLellan, Ashley (16 de marzo de 2024). "GAME RECAP: KNIGHT SCORES, ADDS SHOOTOUT WINNER AS BOSTON DEFEATS OTTAWA IN FRONT OF RECORD-BREAKING CROWD IN DETROIT" (en inglés). thePWHL.com. Consultado o 3 de main de 2025. 
  26. Adams, Alex (6 de maio de 2024). "'It Hurts' - PWHL Ottawa Misses The Playoffs". The Hockey News (en inglés) (Brantford, Ontario: Roustan Media). Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2024. Consultado o 21 de abril de 2025. 
  27. Pringle, Josh (May 6, 2024). "Ottawa now a destination for PWHL players following inaugural season, GM says". CTV News Ottawa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 9 de main de 2024. Consultado o 21 de abril de 2025. 
  28. Brennan, Don (6 de maio de 2024). "Shuffling the deck: PWHL Ottawa to make '7 or 8' player changes after missing playoffs". Ottawa Citizen (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2024. Consultado o 21 de abril de 2025. 
  29. Kennedy, Ian (10 de xuño de 2024). "Danielle Serdachny Picked Second Overall By Ottawa". The Hockey News (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2025. 
  30. Kennedy, Ian (10 de xuño de 2024). "Ronja Savolainen Headed To Ottawa With The 8th Overall Pick". The Hockey News (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2025. 
  31. "MONTRÉAL VICTOIRE TOP OTTAWA CHARGE 4-3 IN SEASON-OPENING SHOOTOUT THRILLER" (en inglés). the.PWHL.com. 30 de novembro de 2024. Consultado o 15 de maio de 2025. 
  32. "Charge punch first playoff ticket with OT win over Sceptres in season finale". sportsnet.ca (en inglés). Canadian Press. 3 de maio de 2025. Consultado o 15 de maio de 2025. 
  33. "OTTAWA CLINCHES PLAYOFF BERTH WITH OVERTIME VICTORY OVER TORONTO" (en inglés). thePWHL.com. 3 de maio de 2025. Consultado o 4 de maio de 2025. 
  34. "PWHL ANNOUNCES PLAYOFF MATCHUPS AND SCHEDULE" (en inglés). thePWHL.com. 4 de maio de 2025. Consultado o 15 de maio de 2025. 
  35. "PWHL PLAYOFFS: OTTAWA AT MONTRÉAL GAME 1 PREVIEW" (en inglés). thePWHL.com. 8 de maio de 2025. Consultado o 15 de maio de 2025. 
  36. "Ottawa Charge beat Montreal Victoire in Game 1 of PWHL semifinal series". sportsnet.ca (en inglés). Canadian Press. 9 de maio de 2025. Consultado o 15 de maio de 2025. 
  37. Rainbird, Daniel (8 de maio de 2025). "Darkangelo's winner helps Charge upset Victoire in Game 1 of PWHL semifinal". CBC Sports (en inglés). Canadian Press. Consultado o 15 de maio de 2025. 
  38. "Victoire defeat Charge in longest game in PWHL history". sportsnet.ca (en inglés). Canadian Press. 11 de maio de 2025. Consultado o 15 de maio de 2025. 
  39. Donkin, Karissa (12 de maio de 2025). "PWHL playoff notebook: Montreal Victoire in the driver's seat after 4OT win". CBC Sports (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2025. 
  40. Kuehl, Tyler (12 de maio de 2025). "Victoire win longest PWHL game in league history". dailyfaceoff.com (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2025. 
  41. "March 24: Red Wings win longest game in NHL history" (en inglés). NHL.com. Consultado o 15 de maio de 2025. 
  42. Wallace, Lisa (13 de maio de 2025). "Phillips records 1st playoff shutout as Charge beat Victoire, taking control of semifinal series". CBC Sports (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2025. 
  43. Wallace, Lisa (17 de maio de 2025). "Ottawa Charge advance to PWHL final after eliminating Montreal Victoire". CBC Sports (en inglés). The Canadian Press. Consultado o 17 de maio de 2025. 
  44. Wallace, Lisa (20 de maio de 2025). "Emily Clark scores OT winner as Charge edge Frost in Game 1 of PWHL Finals". Canadian Broadcasting Corporation (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2025. 
  45. "PWHL 2025 Playoffs" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2025. 
  46. Duench, Janson (25 de maio de 2025). "‘We’ve been in these moments before’: Ottawa Charge embraces do-or-die Game 4". Ottawa Citizen (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2025. 
  47. 47,0 47,1 "MINNESOTA WINS SECOND STRAIGHT WALTER CUP, PHILIPS VOTED ILANA KLOSS PLAYOFF MVP" (en inglés). Professional Women's Hockey League. 26 de maio de 2025. Consultado o 6 de xuño de 2025. 
  48. Brennan, Don (26 de maio de 2025). "Ottawa Charge season ended by two-time champs as yet another PWHL finals game goes to OT". Ottawa Citizen (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2025. 
  49. "After close loss in PWHL final, Charge brace for roster shakeup". TSN.ca (en inglés). The Canadian Press. 28 de maio de 2025. Consultado o 6 de xuño de 2025. 
  50. "PWHL ANNOUNCES PLAYER PROTECTION LISTS FOR 2025 EXPANSION ROSTER BUILDING PROCESS" (en inglés). Professional Women's Hockey League. 3 de xuño de 2025. Consultado o 6 de xuño de 2025. 
  51. "OTTAWA CHARGE ADDS GABBIE HUGHES TO PROTECTED LIST FOR 2025 PWHL EXPANSION ROSTER BUILDING PROCESS" (en inglés). Ottawa Charge. 5 de xuño de 2025. Consultado o 6 de xuño de 2025. 
  52. Ibrahim, Abdulhamid (2 de xaneiro de 2024). "PWHL sorting out missing pieces like team names and logos as it goes along". The Globe and Mail (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de Janeiro de 2024. Consultado o 11 de abril de 2025. However there are some missing pieces, such as names and logos for the six teams. "I don't, I don't," PWHL advisory board member Stan Kasten said Monday on whether he has a timeline for those key elements to be included. 
  53. Steele, Alistair (4 de novembro de 2023). "Ottawa Alert a tribute to women who helped break the ice a century ago". CBC News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2023. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  54. Kennedy, Ian (13 de novembro de 2023). "PWHL Releases Jersey Designs". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2023. Consultado o 18 de abril de 2025. 
  55. 55,0 55,1 Wawrow, John (9 de setembro de 2024). "PWHL reveals names, logos for all 6 franchises ahead of second season". CBC Sports (en inglés). The Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2024. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  56. Kennedy, Ian (8 de setembro de 2024). "These Were The Final Four Names In Contention For Each Of The PWHL's Six Teams". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2024. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  57. "Teams" (en inglés). TDPlace.ca. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  58. "HISTORY OF OTTAWA 67’S" (en inglés). Ottawa 67’s. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  59. 59,0 59,1 59,2 "Ottawa 67's" (en inglés). OHL Arena Guide. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  60. Mendes, Ian (7 de xuño de 2024). "How PWHL Ottawa managed to lead the league in attendance". The New York Times (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2025. 
  61. Brennan, Don. "A NIGHT TO REMEMBER: Montreal scores OT win in Ottawa's historic PWHL opener". Ottawa Sun. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2024. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  62. "Ottawa Charge Announce 2024-25 Roster". PWHL (Press release). November 29, 2024. Consultado o December 10, 2024. 
  63. "Ottawa Charge Roster 2024-25 Preseason". PWHL. November 29, 2024. Consultado o December 10, 2024. 
  64. "Ottawa Charge Roster 2024-25 Regular Season". PWHL. Consultado o December 10, 2024. 
  65. "Ottawa Charge Announce Roster Updates". PWHL (Press release). December 9, 2024. Consultado o December 10, 2024. 
  66. Ottawa Charge Staff (January 10, 2025). "Ottawa Charge Sign Jessica Adolfsson to 10-Day Standard Player Agreement". ThePWHL.com. Professional Women's Hockey League. Consultado o January 10, 2025. 
  67. Ottawa Charge Staff (March 14, 2025). "Charge Sign Goaltender Lucy Morgan, Place Emerance Maschmeyeer on LTIR". ThePWHL.com. Professional Women's Hockey League. Consultado o March 15, 2025. 
  68. Ottawa Charge Staff (April 9, 2025). "Charge Activate Kateřina Mrázová From LTIR". ThePWHL.com. Professional Women's Hockey League. Consultado o April 10, 2025. 
  69. Ottawa Charge Staff (April 22, 2025). "Charge Move Lucy Morgan to Reserve Player List". ThePWHL.com. Professional Women's Hockey League. Consultado o April 22, 2025. 
  70. Ottawa Charge Staff (April 25, 2025). "Charge Sign Sam Isbell to 10-Day Contract". ThePWHL.com. Professional Women's Hockey League. Consultado o April 26, 2025. 
  71. "PWHL Ottawa name Brianne Jenner as franchise’s first captain". sportsnet.ca (en inglés). 29 de decembro de 2023. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  72. Maxwell, Scott (18 de setembro de 2023). "A full list of every pick from the 2023 PWHL Draft". dailyfaceoff.com (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025. 
  73. "2024 PWHL Draft: All the picks". sportsnet.ca (en inglés). 10 de xuño de 2024. Consultado o 23 de abril de 2025. 
  74. "Ottawa Charge - All Time Regular Season Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 18 de maio de 2025. 
  75. "Canadians dominate PWHL coach hirings". sportsnet.ca (en inglés). 18 de setembro de 2023. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  76. Podnieks, Andrew. "Czechia wins historic bronze" (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2022. Consultado o 11 de abril de 2025. 
  77. Hopkins, Simon (1 de setembro de 2023). "PWHL announces Michael Hirshfeld as Ottawa team's general manager". theicegarden.com (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025. 
  78. Kennedy, Ian (25 de abril de 2024). "PWHL Announces 10 Awards Including Billie Jean King MVP Award". The Hockey News (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]