Procuro olvidarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
"Procuro olvidarte"
Canción de Hernaldo Zúñiga
do LP Hernaldo, el Original
Lanzamento 1980
Formato
Gravada
Xénero musical Balada
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:32
Discográfica Zafiro
Produtor(es) Hernaldo Zúñiga
Escritor(es) Manuel Alejandro e Ana Magdalena
Miscelanea {{{miscelanea}}}
Hernaldo Zúñiga, o intérprete orixinal da canción.

"Procuro olvidarte" é unha canción composta polo cantautor español Manuel Alejandro e Ana Magdalena (pseudónimo artístico de Purificación Casas, segunda esposa do autor) que significou o primeiro éxito internacional do cantautor nicaraguano Hernaldo Zúñiga.

Segundo o intérprete, a canción foi escrita «a partir dun episodio amoroso que eu vivía neses días»[1] e polo seu estado anímico, di, que lle era imposible escribila el mesmo. A canción foi incluída por primeira vez no disco Hernaldo, el Original lanzado ao mercado en 1980. Esta canción púxoo no mapa musical internacional e en pouco tempo encabezou as listas de popularidade e vendas de Hispanoamérica.

O 23 do abril do 2013, a canción foi feita en dueto por Hernaldo Zuniga e Michael Bolton (en español e inglés), na primeira edición do "Salón da Fama de Compositores Latino" (Latin Songwriters Hall of Fame), como un tributo ao compositor da canción, Manuel Alejandro.

Esta canción, debido ao seu grande éxito, foi obxecto de múltiples versións posteriores, en diversos xéneros musicais, na voz doutros artistas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CD Hernaldo Zúñiga, el Origen, 2001 BMG Centroamérica.