Proa (Pontecesures)
Aparencia
Proa |
---|
Proa foi un semanario publicado en Pontecesures en 1930.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Revista literaria mecanografiada de vangarda,[1] apareceu en xullo de 1930. A redacción estaba integrada por Rafael Pazos Giménez, José María Marín, Luciano García de la Riva e o debuxante Andrés Colombo. Estre os seus colaboradores figuraron Laureano Poza Juncal, Victoriano Magariños e Cristner. Publicou traballos sobre literatura, política e temas socias, e tiña unha sección poética.[2][3] Borobó afirma que só se tiraban dous exemplares.[4]
Na introdución do primeiro número, encabezada polo título "Limiar", declaran:
Venimos como todo recién nacido, exentos de prejuicios e inversamente como todo recién nacido, no adquiriremos esos resabios consusbtanciales; renegamos, pues, de todos los "ismos"; nuestra postura es un tanto difícil; ¿a dónde vamos?; ¿qué es lo que pretendemos?; no lo sabemos, el saberlo equivaldría a encasillarse, y encasillarse o definirse, equivale a una claudicación espiritual de lo inmutable e inconmovible de raigambre joven e imperecedero: "ARTE".Galicia, 10-8-1930, p. 3.
En outubro de 1930 publicaron un número extraordinario dedicado a Manuel Antonio.[5][6]