Primeira guerra dos Baróns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira guerra dos Baróns.

A primeira guerra dos Baróns (1215-17) foi unha guerra civil entre o Reino de Inglaterra na que un grupo de baróns rebelados, liderados por Robert Fitzwalter e apoiados polo exército francés baixo o mando do futuro Lois VIII de Francia, declaráronse en guerra contra o rei Xoán de Inglaterra. A guerra debeuse á negativa do rei a aceptar e acatar a Carta Magna que selara o 15 de xuño de 1215, e das ambicións do príncipe francés, que desatou a guerra despois de que moitos dos baróns rebeldes houbesen asinado a paz co rei Xoán.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O rei Xoán viuse obrigado en xuño de 1215 a pór o seu selo de "Os Artigos dos Baróns" por un grupo de baróns poderosos que xa non podían soportar o liderado errado e despótico de Xoán. Concedéuselles o Gran Selo Real o 15 de xuño de 1215. En troques, os baróns renovaron o seu xuramento de fidelidade ó rei Xoán o 19 de xullo de 1215. Creouse un documento para rexistrar a acta do acordo, levado a cabo pola chancelería real o 15 de xullo: tratábase da Carta Magna orixinal. "A lei da terra" é unha das grandes consignas da Carta Magna, que opón á omnipotencia e vontade absoluta do rei.

A Carta Magna de 1215 contiña cláusulas que, en teoría, reducían notablemente o poder do rei, como a cláusula 61, a "cláusula de seguridade". Nesta cláusula permitiuse a un grupo de 25 baróns anular o rei en calquera momento por medio da forza, un proceso legal medieval de prema que era normal nas relacións feudais, pero que nunca se aplicou a un rei. Despois duns meses de intentos pouco entusiastas de negociar, no verán de 1215, a guerra aberta tivo lugar entre os baróns rebeldes e o rei, apoiado polos seus partidarios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]