Preso político
Un preso político é aquel que permanece na cadea ou detido dalgún outro xeito, por exemplo, baixo arresto domiciliario, porque as súas ideas representan un desafío ou unha ameaza para o sistema político establecido, sexa este da natureza que sexa.
Como as opinións ou as actitudes non acostuman ser obxecto de lexislación, adoita ser difícil determinar exactamente que son os presos políticos a partir dos cargos que se lles imputan; unha excepción constitúena os acusados de traizón ou espionaxe, a pesar de que xeralmente non se lles considera presos políticos. A condición de preso político, polo tanto, adoita ser obxecto de disputas: moitos dos prisioneiros considerados políticos por grupos de activistas son cualificados polos gobernos aos que se opoñen de "terroristas" ou "subversivos".
En consecuencia, poucas veces unha autoridade estatal admite a existencia de presos políticos. Os críticos do goberno alegan que os procedementos legais empregados están deseñados para agochar a condición de preso político. Isto pode abranguer a invención de cargos criminais, ou a negativa de beneficios concedidos a outros presos en situación semellante, así como a aplicación de poderes especiais, como o estado de excepción.
A lexislación actual[Cómpre referencia] considera, en xeral, que a prisión por motivos políticos é unha violación dos dereitos humanos de liberdade de conciencia e expresión. Organizacións internacionais, como Amnistia Internacional, mobilízanse por todo o mundo solicitando a liberación de presos de conciencia. Para evitar problemas cos gobernos, AI limita as súas accións á liberación de persoas que non teñan defendido ou practicado a violencia, diferenciando entre os prisioneiros políticos os prisioneiros de conciencia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Presos políticos nos EUA - O Movemento Jericho
- Lista dos enderezos dos presos políticos nos Estados Unidos da Prison Activist Resource Center
- Zeki.su - presos políticos na Rusia actual.
- Prolibertad Presos políticos en Porto Rico.
- Break the ChainsArquivado 29 de agosto de 2020 en Wayback Machine. Novas sobre os presos políticos.
- Amnistía internacional
- Prisoners Overseas Presos por todo o mundo.
- Trepashkin.Ru Páxina feita pola Fundación das Liberdades Civís rusa sobre Mikhail Trepashkin.
- Instituto da Xustiza e Democracia en Haití (IJDH) Presos políticos haitianos.
- Mapuche Nation Campaña pola Liberación dos presos políticos do pobo Mapuche, indíxena e suramericano.
- GuChuSum - Presos políticos do Tibet
- O caso Alexey Pichugin páxina sobre o preso ruso Alexey Pichugin.