Presidente da Unión Soviética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Presidente de Unión Soviética")

Lista de xefes de Estado da Unión Soviética[editar | editar a fonte]

Lev Kámenev en 1918
Yákov Sverdlov


Leonid Brézhnev
Mikhail Gorbachev

Presidente do Comité Executivo Central do Congreso dos Soviets de toda Rusia[editar | editar a fonte]

O primeiro Comité Executivo Central do Congreso dos Soviets de toda Rusia elixiuse en xuño de 1917, pero non era un órgano de goberno e o seu presidente non era o xefe do Estado. Esta situación mudou no II Congreso dos Soviets de toda Rusia durante a Revolución de Outubro.

Presidente do Comité Executivo Central da URSS[editar | editar a fonte]

A Unión Soviética fundouse o 30 de decembro de 1922, incluíndo nun principio á República Socialista Federativa Soviética de Rusia, a República Socialista Soviética de Ucraína, a República Socialista Soviética de Bielorrusia e a República Socialista Federativa Soviética de Transcaucasia. Mikhail Kalinin retivo o cargo como Presidente do Comité Executivo Central dos Soviets de toda Rusia e converteuse tamén no presidente do novo Comité Executivo Central da URSS. Co avance do stalinismo ambos postos tornáronse simbólicos.

Presidente do Presidium do Soviet Supremo da URSS[editar | editar a fonte]

Presidente do Soviet Supremo da URSS[editar | editar a fonte]

Presidente da Unión Soviética[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo de 1990 a maioría das atribucións do Presidente do Soviet Supremo transferíronse a un novo cargo, o de Presidente da Unión Soviética, Anatoli Lukianov foi elixido Presidente do Soviet Supremo para substituíra Gorbachev, pero o cargo agora correspondía ao dun secretario parlamentar. A xefatura do Estado continuou entón a cargo de Gorbachov.