Presente (A Guarda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Presente foi un semanario editado na Guarda entre 1936 e 1939.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario defensor de la Patria, apareceu o 19 de xaneiro de 1936[1]. Publicábase os domingos. Órgano da Falange da Guarda, estaba dirixido por Mariano Jiménez Hueto. Entre os seus colaboradores figuraron Miguel R. Garrido e J. Bautista M. Lemiña e publicou poemas de José Mª Rolán. Cualificado como semanario de tendencia fascista, foi suspendido polo gobernador civil Gonzalo Acosta Pan o 12 de maio de 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 volveu saír á rúa. Cesou a súa publicación en 1939.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Darse Sobrino". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Calleja, Eduardo; Limón Nevado, Fredes; Rodríguez Jiménez, José Luis (1988). "Catálogo de las publicaciones periódicas localizadas en la zona franquista durante la guerra civil española". En Junta de Castilla y León. Historia y memoria de la guerra civil. Encuentro en Castilla y León. Salamanca, 24-27 de septiembre de 1986. III Hemerografías y Bibliografías. Valladolid. p. 134. ISBN 84-505-7699-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]