Mariano Jiménez Hueto
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Mariano Jiménez Hueto | |
---|---|
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mariano Jiménez Hueto foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chegou dende Castela a comezos do século XX, e traballou no Baixo Miño como fotógrafo profesional. Colaborou como redactor gráfico en La Voz del Tecla e dirixiu o semanario falanxista Presente. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi primeiro Tenente Alcalde da Comisión Xestora da Guarda. O 5 de novembro de 1936 o Gobernador civil destituíu a Nicolás Alonso Linares e nomeouno presidente da xestora. Permaneceu no cargo até o 14 de febreiro de 1939, cando o Gobernador ordenou o seu cesamento fulminante por pretender meter aos mozos de substitución de 1941 en camións de transporte de porcos, coa protesta violenta dos seus familiares.[1]
Predecesor: Nicolás Alonso Linares |
![]() Alcalde da Guarda 1936 - 1939 |
Sucesor: Ramón Gándara Álvarez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Alcaldes da Guarda". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.