Premio Nacional de Literatura de Cataluña
O Premio Nacional de Literatura da Generalitat de Cataluña (en catalán, Premi Nacional de Literatura de la Generalitat de Catalunya) é un galardón literario que, desde 1995, concede a Generalitat de Cataluña aos escritores que máis destacaran pola súa traxectoria na literatura catalá.
O xurado que outorga os premios está presidido polo conselleiro de Cultura da Generalitat. A entrega do premio lévase a cabo nunha cerimonia que se celebra en calquera punto da xeografía catalá, e é presidida polo Presidente da Generalitat.
Este premio forma parte do conxunto dos Premios Nacionais da Generalitat de Cataluña, que se conceden en nove categorías máis: cine, danza, fomento do catalán, xornalismo, patrimonio cultural, música, teatro, artes plásticas e cultura popular.
O premio está dotado con 18.000 euros.
Autores premiados
[editar | editar a fonte]- 1995 - Joan Perucho
- 1996 - Josep Palau i Fabre
- 1997 - Pere Gimferrer
- 1998 - Miquel Martí i Pol
- 1999 - Jordi Pere Cerdà
- 2000 - Quim Monzó
- 2001 - Carme Riera
- 2002 - Baltasar Porcel
- 2003 - Màrius Sampere
- 2004 - Emili Teixidor
- 2005 - Toni Sala
- 2006 - Biel Mesquida
- 2007 - Francesc Serés
- 2008 - Joan Margarit
- 2009 - Jaume Pòrtulas
- 2010 - Miquel de Palol
- 2011 - Marta Pessarrodona[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ elsingulardigital.cat (ed.). "Mariscal, Premi Nacional de Cultura en Disseny i Pessarrodona en Literatura". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 18 de xuño de 2012.