Saltar ao contido

Prelatura territorial católica latina de Trondheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPrelatura territorial católica latina de Trondheim
Imaxe

Localización
Mapa
 63°24′N 10°24′L / 63.4, 10.4
Poboación
Poboación722.320 (2019) Editar o valor en Wikidata (12,79 hab./km²)
Lingua usadalingua norueguesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie56.458 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación28 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata
CatedralSt. Olav's Cathedral, Trondheim (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webkatolsk.no… Editar o valor en Wikidata

A prelatura territorial de Trondheim (en latín: Praelatura Territorialis Trudensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2004 tiña 3.228 bautizados sobre unha poboación total de 640.105 habitantes. A sé está vacante dende 2009, e o seu administrador apostólico é o bispo de Oslo, Bernt Ivar Eidsvig.

Territorio

[editar | editar a fonte]

A prelatura territorial abrangue os condados de Møre og Romsdal, Sør-Trøndelag e Nord-Trøndelag. Limita ao sur coa diocese de Oslo, ao nordeste coa prelatura territorial de Tromsø, e ao sueste coa diocese de Estocolmo.

A sé prelaticia é a cidade de Trondheim, antigamente chamada Nidaros, onde está a catedral de Santo Olaf. O territorio está organizado en 5 parroquias.

Na Idade Media Trondheim, entón chamada "Nidaros", era sé arcebispal, suprimida coa reforma protestante en 1537.

O 7 de abril de 1931, co breve Supremi Apostolatus, o papa Pío XI erixiu a misión sui iuris da Noruega central, en territorios da vigairía apostólica de Noruega.

O 10 de marzo de 1944 a misión sui iuris foi elevada ao rango de prefectura apostólica coa bula Digna sane do papa Pío XII.

O 4 de febreiro de 1953 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostolica coa bula Sollemne est Nobis do mesmo Pío XII.

O 28 de marzo de 1979, coa bula Cum Nobis, o papa Xoán Paulo II elevou a vigairía ao rango de prelatura territorial, dándolle o nome actual.

Episcopoloxio

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]