Iskenderun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de febreiro de 2005 ás 18:18 por Rocastelo (conversa | contribucións) (corrixir interwiki)
Ficheiro:Selo Alexandretta 4pi.jpg
Sobreimpresión dun selo sirio para o mandato francés de Alexandreta, 1939

Iskenderun, tradicionalmente coñecida en Occidente como Alexandreta, إسكندرون en árabe, é unha cidade turca de lingua tradicional árabe da provincia de Hatay. Situada na costa do Mar Mediterráneo aos pes dos Montes Amonos. Conta con 230,000 habitantes.
Fundada por Alexandre o Grande no 333 a.C. despois da súa vitoria sobre dos persas, a súa importancia estratéxica como porta de entrada en Siria e comercial como principal entrada do comercio cara a India. Na cidade asentáronse comerciantes de Xénova e Venecia, e posteriormente doutros países europeos.
Despois da Primeira Guerra Mundial o Sandjak de Alexandreta converteuse en mandato francés. En xullo de 1939 Francia cedeu no a Turquía, aínda que Siria seguíu a reclamar a rexión.

Ligazóns

Web da cidade de Iskenderun, en turco