Praia dos Bikinis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia dos Bikinis
Coordenadas: 43°28′04″N 3°46′09″O / 43.46776111, -3.76916944
En primeiro plano a praia de La Magdalena. Detrás, a dos Bikinis.

A praia dos Bikinis ou do Bikini é un areal da cidade de Santander, en Cantabria.

Situación[editar | editar a fonte]

Está situada dentro da baía de Santander, rodeando o sueste da península de La Magdalena. Polo oeste limita coa praia de La Magdalena (que á súa vez limita coa praia de Los Peligros) e polo leste cun grupo de rocas tras o cal se atopa o Embarcadoiro Real. Non se pode establecer con precisión o punto para partir do cal a praia de La Magdalena pasa a ser a praia dos Bikinis, pero pode servir como límite entre ambas o pequeno espigón situado un pouco máis aló do Club de Tenis, á altura da rúa La Horadada.

Características[editar | editar a fonte]

Oficialmente, segundo o Ministerio de Medio Ambiente, a lonxitude da praia é de 250 metros e a súa anchura media de 30. Cando a marea está alta a zona máis oriental da praia desaparece por completo, quedando o resto reducido a uns poucos metros. Coa marea baixa a praia crece considerablemente deixando ao descuberto un gran número de rocas.

A praia conta cun espigón construído en pedra e cemento a finais dos anos sesenta. Este espigón, coñecido popularmente como "o muro" divide a liña da beira en dous partes, pero conta con grandes arcos que permiten o paso dos bañistas. Cara ao sur, a construción penétrase no mar uns 50 metros. Na dirección oposta o espigón desaparece na area moito antes de chegar ao final da praia, polo que esta queda dividida só parcialmente.

A praia apenas ten ondada. Cando un gran barco entra ou sae da baía si que poden producirse algunhas ondas pequenas.

Moi preto da praia dos Bikinis atópanse a Illa de La Torre (na que hai unha escola de vela) e a Illa da Horadada (sobre a que hai un faro). Ambas son relativamente accesibles a nado.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Moi preto da praia dos Bikinis atópase a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, onde desde principios do século XX impartíronse uns cursos de español para estranxeiros que atraeron a estudantes de todo o mundo. A partir dos anos sesenta as estudantes europeas e americanas baixaban á praia cos seus bikinis, algo que no Santander da época causou gran balbordo e chegou a ser o elemento co que se identificou esta zona de baño próxima á universidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]