Praia de Los Peligros
Aparencia
Tipo | praia | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Cantabria, España | |||
| ||||
A praia de Los Peligros é un areal da cidade de Santander, en Cantabria. Está situada dentro da baía de Santander, na zona sur da Península da Magdalena.
A este areal accédese polo promontorio de San Martín, en pleno centro da cidade dominado pola impoñente figura do Palacio de Festivais de Cantabria. Xunto ao Museo Marítimo do Cantábrico, este lugar dá acceso á praia dos Peligros que está unida aos areais da Magdalena e a dos Bikinis.
Posúe 200 metros de lonxitude e uns 70 m de anchura media. Debido ao fácil aparcadoiro, á pasarela de madeira que bordea e une os tres areais interiores e á súa privilexiada orientación, creouse un paseo de case 1.500 metros a pé de praia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información na web de Turismo de Cantabria Arquivado 04 de agosto de 2016 en Wayback Machine.