Praia de Lapamán
Aparencia
A praia de Lapamán é un areal da beira sur da ría de Pontevedra, situado entre os concellos de Marín e Bueu. Ten 800 m de lonxitude, con area fina e branca.
Está situada entre a praia de Covelo (ao sur) e a praia da Coviña. Separada por unhas rochas, está unha parte da praia coñecida como Muíño Vello. Desde ela chégase á illa de San Clemente, e desde ela vese Sanxenxo, Portonovo e as illas Ons.
Accédese a ela a través dunhas escaleiras. Está situada á beira da estrada N-552. Serve de pista de aterraxe para usuarios de parapente que engalan en Chans, no alto da parroquia de Cela.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Praia de Lapamán.
-
Praia de Lapamán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un mozo resulta ferido despois de caer en Lapamán cando facía parapente", artigo en La Voz de Galicia, 6 de abril de 2010.