Praia de La Caleta, Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de La Caleta, Málaga
Coordenadas: 36°43′16″N 4°24′01″O / 36.72121, -4.40037

A praia de La Caleta é unha praia do distrito Leste da cidade de Málaga, en Andalucía, España. Trátase dunha praia urbana de area escura situada no litoral oriental da cidade, entre a praia de La Malagueta e os Baños del Carmen. Ten uns 1.000 metros de lonxitude e uns 20 metros de anchura media. É unha praia popular e frecuentada debido á súa céntrica situación, no barrio de La Caleta. Conta con toda clase de servizos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Medio Ambiente (ed.). "Playa de La Caleta". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 8 de agosto de 2009.