Praia de Danao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Danao
Coqueiros na praia de Danao

A praia de Danao é unha das praias da illa de Panglao, situada no barangay (municipio) de Danao.

Caracteísticas e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Como a praia de Alona, ​​a súa veciña máis próxima, caracterízase pola súa area, branca e fina, as súas augas azuis e frescas, e está chea de vida acuática, albergando algúns famosos puntos de mergullo.[1]

A praia e os lugares de mergullo de Danao gañaron fama, e por iso instaláronse nela algúns hoteis para atenderen á constante chegada de visitantes. Os principais hoteis de primeira clase que ofrecen estancias, comodidades e servizos cómodos son:[1]

  • Bohol Sea Resort,
  • Kalipayan Beach Resort,
  • Bita-ug Beach Resort e
  • Alumbung Resort.

O sitio de inmersión de Kalipayan, cerca do Kalipayan Beach Resort, ofrece unha inmersión nun acantilado, no que, entre os 7 e os 12 m, pódense ver numerosos corais xigantes e de vistosas cores entre os que se encuontran unha miríada de peixes de todos os tamaños e cores.[1]

Transporte[editar | editar a fonte]

Pódese chegar á praia desde o Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao (TAG), que é o principal aeroporto internacional da provincia de Bohol. Este aeroporto inaugurouse o 27 de novembro de 2018, substituíndo ao Aeroporto de Tagbilaran, e serve á illa de Panglao e ao resto de Bohol. Hai voos diúrnos case cada hora cara e desde Manila de Cebu Pacific, Air Asia e Philippine Airlines. Tamén hai servizos a Davao, Cagayán de Oro e Puerto Princesa.

O tempo de viaxe en ferri rápido a Cebú é de menos de 2 horas.

Hai un servizo regular de autobús con aire acondicionado desde o aeroporto até Tagbilaran City (Island City Mall e v/v PHP 50 en cada dirección) e unha ruta circular até a praia de Alona, a máis famosa da illa. As viaxes curtas adoitan facerse en triciclo-taxi, con tarifas negociábeis. A illa está conectada coa illa principal de Bohol por dúas pontes: a ponte Suárez e a ponte do Gobernador Borja.

Biodiversidade da illa[editar | editar a fonte]

Ao redor de 250 novas especies de crustáceos e 2 500 novas especies de moluscos encóntranse nas costas da illa de Panglao. O seu descubrimento foi obra do Proxecto de Biodiversidade Mariña de Panglao, no que participaron os malacólogos españois Anselm Peñas (catalán) e Emilio Rolán (galego). O proxecto descubriu que só Panglao ten máis biodiversidade mariña que o Xapón e o mar Mediterráneo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 The Best of Danao Beach en bohol-philippines.com (en inglés).
  2. Kate Pedroso (2 de marzo de 2007): Panglao, Bohol: a center of marine biodiversity. Consultado o 14 de setembro de 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]