Praia Momo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia Momo
Cabanas na praia Momo
Coordenadas: 9°36′50″N 123°46′09″L / 9.6139694444444, 123.76910277778

A praia Momo (Momo beach) é unha praia situada no norte da illa de Panglao, no municipio de Panglao (provincia de Bohol, rexión das Visayas Centrais, Filipinas).

Esta praia é unha das moitas da illa famosas pola súa biodiversidade e, preto da beira, a unha profundidade duns 40 m, encóntrase un gran lugar para mergullarse e observar esta biodiversidade, especialmente de crustáceos, moluscos e peixes exóticos. [1]

Os turistas dispoñen na praia dun hotel boutique que ofrece ao seus hóspedes habitacións con impresionantes vistas ao mar, piscina, equipos para deportes acuáticos e, ao serán, deliciosos pratos para degustaren ao aire libre.[1]

Transporte[editar | editar a fonte]

Pódese chegar á praia desde o Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao (TAG), que é o principal aeroporto internacional da provincia de Bohol. Este aeroporto inaugurouse o 27 de novembro de 2018, substituíndo ao Aeroporto de Tagbilaran, e serve á illa de Panglao e ao resto de Bohol. Hai voos diúrnos case cada hora cara e desde Manila de Cebu Pacific, Air Asia e Philippine Airlines. Tamén hai servizos a Davao, Cagayán de Oro e Puerto Princesa.

O tempo de viaxe en ferri rápido a Cebú é de menos de 2 horas.

Hai un servizo regular de autobús con aire acondicionado desde o aeroporto até Tagbilaran City (Island City Mall e v/v PHP 50 en cada dirección) e unha ruta circular até a praia de Alona, a máis famosa da illa. As viaxes curtas adoitan facerse en triciclo-taxi, con tarifas negociábeis. A illa está conectada coa illa principal de Bohol por dúas pontes: a ponte Suárez e a ponte do Gobernador Borja.

Biodiversidade da illa[editar | editar a fonte]

Ao redor de 250 novas especies de crustáceos e 2 500 novas especies de moluscos encóntranse nas costas da illa. O seu descubrimento foi obra do Proxecto de Biodiversidade Mariña de Panglao, no que participaron os malacólogos españois Anselm Peñas (catalán) e Emilio Rolán (galego). O proxecto descubriu que só Panglao ten máis biodiversidade mariña que o Xapón e o mar Mediterráneo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Playa Momo (Momo beach) (en castelán).
  2. Kate Pedroso (2 de marzo de 2007): Panglao, Bohol: a center of marine biodiversity. Consultado o 28 de agosto de 2021.