Praia de Cala en Porter
Tipo | entidade singular de poboación | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Menorca | |||
Localización | ||||
División administrativa | Alaior, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Altitude | 52 m | |||
Dimensións | 40 () × 120 () m | |||
Actividade | ||||
Premios | Bandeira Azul | |||
A praia de Cala en Porter está situada no concello de Alaior, na illa de Menorca. Atópase a 11 km ao sur da localidade de Alaior. A praia ten forma de vieira cunha entrada moi sinuosa. Na praia desemboca un regato, o de Cala en Porter, que nace moi preto de Alaior. A praia está situada dentro da urbanización do mesmo nome.
Orografía
[editar | editar a fonte]A praia está rodeada de cantís con abundante vexetación, sobre todo na parte dereita da praia. No lado esquerdo hai casas e chalés na urbanización.
No tocante ás condicións mariñas e subacuáticas da praia, hai que dicir que non é recomendable entrar nela con mal tempo e de noite, xa que é unha zona onde o vento do sur sopra bastante e a profundidade non é demasiado grande.
Características
[editar | editar a fonte]A praia recibe un importante número de turistas durante o verán. Conta con seguridade durante a tempada estival pola Cruz Vermella. Ademais, o concello de Alaior prohibiu a entrada de animais a toda a praia para evitar molestias ás persoas que queiran bañarse en paz.[1] Tamén conta con Certificación Ambiental.[2]
Na urbanización que rodea a praia, como curiosidade ten unha das covas máis destacadas da illa tanto pola súa historia como polo uso que se lle dá na actualidade, é a cova d'en Xoroi.[3] Hoxe esta cova está aberta todo o día e pola noite convértese nunha peculiar discoteca e ten unhas vistas espectaculares do mar Mediterráneo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ordenança d'ús i aprofitament de platges d'Alaior Arquivado 2012-06-21 en Wayback Machine. , Pdf
- ↑ AENOR certifica la qualitat de platges i empreses de l'Illa Arquivado 2013-12-24 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Cova d'en Xoroi, Discoteca