Saltar ao contido

Cova d'en Xoroi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCova d'en Xoroi
Imaxe
Tipocova Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlaior, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°52′N 4°08′L / 39.87, 4.13

A cova d'en Xoroi é unha cova natural que se atopa na illa de Menorca, concretamente na urbanización de cala en Porter, que forma parte do termo municipal de Alaior e que subsiste principalmente grazas ao turismo. A cova d'en Xoroi é actualmente un local habilitado como bar diúrno, e discoteca nocturna. É un grande enclave turístico, xa que está localizada nun lugar moi especial, a caída recta cun cantil sobre a auga, na costa sur da illa. Ten uns grandes ocos abertos na pedra, que permiten ver unha gran porción do horizonte sobre o mar Mediterráneo, e en días claros, vese tamén a illa de Mallorca.

O que lle confire a este lugar un carácter histórico é a lenda coa que se relaciona. Nesta cova natural non se atoparon restos de vida prehistórica, pero construíuse unha lenda baseada na época na que Menorca foi colonizada polos árabes. A lenda conta que o "mouro Xoroi" secuestrou unha moza de Alaior a piques de casar e levouna á cova. Pasaron meses e anos, e un día de inverno, durante unha nevarada, as súas pegadas na neve fixeron posible seguir o seu rastro, e un grupo de persoas entrou na cova. Descubriron, segundo conta a lenda, que Xoroi e a moza tiñan tres fillos. Véndose acurralados, Xoroi e o seu fillo maior saltaron do cantil, e a súa muller e o resto dos seus fillos foron levaron ata a vila de Alaior, onde se conta que aínda permanecen os seus descendentes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]