Praia da Olga
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Praia da Olga | |
---|---|
43°33′24″N 7°3′29″O / 43.55667, -7.05806Coordenadas: 43°33′24″N 7°3′29″O / 43.55667, -7.05806 | |
Características xerais | |
Localización | Ribadeo |
Lonxitude | 50 m |
Largo medio | 10 m. |
Características específicas | |
Composición | grava e rocha |
A praia de Olga está situada nos límites da parroquia de Piñeira, no concello de Ribadeo. Ten unha anchura media de 10 m. e unha lonxitude de 50 m. Composición de grava e rocha.
Está bañada por ondas moderadas a fortes e é ventosa. Esta praia, xunto coas de San Miguel de Reinante (Barreiros), Praia das Catedrais, Esteiro, As Illas e Areosa (todas de Ribadeo), conforma a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e incluído dentro da Rede Natura 2000. Non dispón de bandeira azul (se se producir algún ferido tería que ser trasladado por medios habituais ata o Hospital Cormarcal da Costa de Burela) e carece algo doutros servizos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |