Praia da Areosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia da Areosa
Coordenadas: 43°33′28″N 7°06′07″O / 43.557778, -7.101944
Características xerais
LocalizaciónRibadeo
Lonxitude20 m
Largo medio5 m

A praia de Areosa está situada no termo parroquial de Piñeira, no concello de Ribadeo.

Características[editar | editar a fonte]

Ten 20 m de longo por 5 m de largo e está composta de grava e rochas. É unha praia con ondas grandes e ventos de intensidade. Esta praia, xunto coas de Reinante (Barreiros), e as das Catedrais, Esteiro, As Illas e Olga (todas de Ribadeo), conforma a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e incluído dentro da Rede Natura 2000.

Ao non ter moita concorrencia, tampouco dispón de servizos complementarios. Non ten Bandeira Azul.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]