Saltar ao contido

Príncipe Hisahito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlteza Imperial Editar o valor en Wikidata
Príncipe Hisahito

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (19 anos)
Aiiku Hospital (Xapón) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaTsukuba Editar o valor en Wikidata
RelixiónXintoísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFuzoku Yōchien (en) Traducir
Q66133791 Traducir
Ochanomizu University Junior High School
Ochanomizu University Elementary School (en) Traducir
School of Life and Environmental Sciences, University of Tsukuba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata, escolar Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe imperial Editar o valor en Wikidata
FamiliaFamilia Imperial do Xapón Editar o valor en Wikidata
PaisPríncipe Akishino Editar o valor en Wikidata  e Princesa Akishino Editar o valor en Wikidata
IrmánsPrincesa Mako de Akishino
Princesa Kako de Akishino Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: 秋篠宮-3

O Príncipe Hisahito (en xaponés 秋篠宮悠仁親王), nado o 6 de setembro do 2006 en Tokyo, é un príncipe da casa imperial xaponesa. É fillo do príncipe Fumihito e da princesa Kiko. Foi o seu terceiro fillo e o primeiro home.

Nacemento

[editar | editar a fonte]

Naceu ás 8:27 da mañá (hora xaponesa) por cesárea, nunha clínica privada da capital xaponesa, logo dun laborioso embarazo que rematou dúas semanas antes do previsto. Pesou ao nacer 2.556 gramos. A súa nai, a princesa Kiko, doou o cordón umbilical ao banco xaponés de órganos, para o seu uso público.

Sucesión

[editar | editar a fonte]

Conforme as actuais leis de sucesión xaponesas, é o terceiro na liña de sucesión ao trono imperial do Xapón, logo do príncipe herdeiro Naruhito e de seu pai, o príncipe Fumihito. Porén, ben podería ser que as leis, que privilexian os homes por diante das mulleres no ascenso ao trono imperial, mudasen, e ascendese á xefatura de estado a princesa Toxi, filla de Naruhito e curmá de Hisahito. O anterior primeiro ministro, Junichiro Koizumi, foi un dos principais impulsores desa reforma constitucional.

O príncipe ten ademais dúas irmás máis vellas, a princesa Mako (nada o 23 de outubro de 1991) e mais a princesa Kako (nada o 29 de decembro de 1994). Hisahito foi o primeiro nado home en corenta anos da casa imperial xaponesa.

O nome de Hisahito significa calmo (Hisa) e virtuoso (hito). Esta segunda parte vén sendo tradicional nos nomes dos emperadores do trono do crisantemo.