Saltar ao contido

O Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros

(Redirección desde «Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros»)
Porto de Santa Cruz

O castelo de Santa Cruz co areal do Porto en primeiro plano.
ParroquiaLiáns
ConcelloOleiros
Coordenadas43°20′58″N 8°20′47″O / 43.349482444808, -8.3462863770542
Poboación2.596 hab. (2012)
editar datos en Wikidata ]

O Porto de Santa Cruz é unha vila costeira da parroquia de Liáns no concello de Oleiros, na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 2596 habitantes (1192 homes e 1404 mulleres).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da ría da Coruña, xunto cos castelos de Santo Antón, San Diego e San Amaro. Na actualidade é propiedade do concello de Oleiros e alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

O Museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, situado na Torre de Santa Cruz. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede de Alfaroleiros, unha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de oleiros que expoñen as súas pezas.

Aínda que todo o fondo da enseada de Santa Cruz é areoso, levan diferentes nomes a praia de Portocovo, á esquerda do castelo, e o areal do Porto, que queda completamente cuberto coa marea chea e está situado entre o castelo e o peirao.

Galería de imaxes do Porto de Santa Cruz

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Liáns

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Liáns no concello de Oleiros

A Babilonia | O Bañil | O Barral | Bastiagueiro | O Camiño de Vieiro | A Capela | Os Carragás | O Castro | O Catasol | A Choupana | Coruxo de Abaixo | Coruxo de Arriba | O Cubo | A Eira de Concha | Eirís | A Ferrala | A Fonte do Espiño | Franzomel | A Gaiteira | Lamastelle | Lóngora | O Loural | Meixón Frío | Montrove | Morouzo | Mosteiro | O Muíño do Vento | O Pazo do Río | Pazos | O Porto de Santa Cruz | Os Regos | Romardeiro | O Seixo | O Souto | Vista Alegre

Parroquias de Oleiros

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oleiros

Dexo (Santa María) | Dorneda (San Martiño) | Iñás (San Xorxe) | Liáns (Santaia) | Maianca (San Cosme) | Oleiros (Santa María) | Perillo (Santa Locaia) | San Pedro de Nós (San Pedro) | Serantes (San Xián)