AP-66

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Autoestrada Ruta de la Plata
TipoloxíaAutoestrada
Lonxitude78 km
Localización
InicioCampumanes (Asturias)
FinLa Virgen del Camino (León)

A AP-66 ou Autoestrada Ruta da Prata é unha autoestrada española que corresponde a un tramo de peaxe na autovía A-66 que une as cidades de Xixón e Sevilla. Trátase do tramo de 78 km entre Campumanes (Asturias) e La Virgen del Camino (León). Coñécese tamén como Autoestrada do Huerna por cruzar o val que forma o río do mesmo nome.

Travesa o Cordal Cantábrico, cunha altitude máxima de 1.229 metros. A súa construción iniciouse en 1975 e en agosto de 1983 entrou en servizo o primeiro tramo. Completouse en 1997 co desdobramento do túnel do Negrón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]