Valgrande-Pajares
Tipo | Estación de esquí | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Ḷḷena, España | |||
| ||||
Cordilleira | Cordal Cantábrico | |||
Características | ||||
Altitude | punto máis alto: 1.890 m punto máis baixo: 1.450 m | |||
Sitio web | valgrande-pajares.com | |||
Valgrande-Pajares é unha estación de esquí situada na Cordilleira Cantábrica, no concello de Ḷḷena, no Principado de Asturias. Está situada no alto do porto de Payares, no límite da comunidade asturiana coa provincia de León, a 60 km de Oviedo e León, 75 km de Xixón e 90 km de Avilés.
Foi remodelada recentemente, mellorando os seus servizos e ampliando a superficie esquiable, permitindo a práctica de esquí alpino, esquí de fondo e snowboard. A zona esquiable atópase entre as ladeiras de Celleros, o Cuetu Riondu e Cuitu Negru.
A estación conta con 13 remontes, 5 telecadeiras (2 de catro prazas e 3 de dúas) ademais de 8 telesquís que dan unha capacidade de 10.200 esquiadores cada hora e 36 pistas balizadas. Ademais existe un circuíto de esquí de fondo.