Porto de Pajares
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O Porto de Pajares (en asturiano: Puertu Payares) é un porto de montaña que foi tradicionalmente a principal vía de transporte entre Asturias e a Meseta Central, ata a construción da autoestrada AP-66. Cunha altitude de 1.378 metros, é coñecido polas nevadas que recibe no inverno, as súas néboas nas noites de verán, os seus pendentes que chegan ata o 17% oficialmente e pola próxima estación de esquí, Valgrande-Pajares.
Tanto a estrada N-630 como as vías de ferrocarril aproveitan o mesmo paso natural, seguindo os vales do río Pajares na vertente asturiana e do río Bernesga na leonesa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto de Pajares ![]() |