Portela da Laxe
| Portela da Laxe | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| A Atalaia | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
A Portela da Laxe é unha estación de gravados rupestres conformada por seis grupos. Catro deles foron destruídos no último cuarto do século XX como consecuencia das obras de ampliación da estrada N-541 que une Pontevedra e Ourense.
Sitúase no lugar da Atalaia, parroquia de Viascón, Cerdedo-Cotobade. Son coñecidas desde antigo e xa foron recollidas no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae de Ramón Sobrino Buhigas no ano 1935.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Salienta a laxe horizontal (Grupo I, un penedo situado a rentes do chan e que se prolonga en dirección noroeste - sueste. Presenta motivos de moi diversa tipoloxía: combinacións circulares, círculos sinxelos, coviñas, cadrados, esvásticas, soliformes, paletas etc. O Grupo II componse dunha combinación circular. Os outros catro grupos desaparecidos presentaban diversas combinacións circulares, círculos simples, coviñas e figuras cruciformes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Alén, Alfredo; de la Peña Santos, Antonio (1980). Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Catalogación Arqueológica y artística de Galicia del Museo de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza. pp. 55–57. ISBN 84-85728-04-1.
- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.
