Portal:Segunda Guerra Mundial/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrulla de esquiadores fineses o 12 de xaneiro de 1940.

A Guerra de Inverno foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da segunda guerra mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940, coa sinatura do Tratado de paz de Moscova. Finlandia cedeu o 11% dos seus territorios previos á guerra e o 30% dos seus activos económicos á Unión Soviética. As perdas no Exército Vermello foron moi altas, o que repercutiu na reputación internacional do país. As forzas soviéticas non cumpriron o seu obxectivo de conquistar completamente Finlandia, pero gañaron terreo substancial ao longo do lago Ladoga e territorio no norte do país. Os fineses, pola súa parte, conservaron a súa soberanía e melloraron a súa reputación internacional.