Portal:Rusia/Biografía destacada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Duque Constantino Nikolaevich de Rusia (en ruso: Константин Николаевич), nado en San Petersburgo o 21 de setembro de 1827 e finado no palacio Pávlovsk o 29 de xaneiro de 1892. Era o segundo fillo varón do tsar Nicolao I de Rusia e da tsarina Carlota de Prusia.

Durante o reinado do seu irmán Alexandre II, Constantino foi o almirante da frota rusa e reformou a Armada Imperial. Tamén foi unha figura clave na emancipación dos servos de 1861. Tivo menos sorte durante a súa etapa como vicerrei de Polonia e tivo que regresar a Rusia onde foi atacado polo seu liberalismo.

Tralo asasinato do seu irmán Alexandre II, Constantino caeu en desgraza. O novo tsar, o seu sobriño Alexandre III, opoñíase as ideas liberais de Constantino e pouco a pouco foi apartándoo das posicións de importancia. Tras sofrer un infarto, pasou os seus últimos anos como un inválido...