Portal:Reino Unido/Cidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Londres (en inglésLondon[ˈlʌndən] (AFI)En-uk-London.ogg escoitar) é a capital de Inglaterra e do Reino Unido; atópase ás beiras do río Támese na illa de Gran Bretaña. Segundo os datos do censo do 2012, viven 8 173 194 habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A aglomeración urbana ten preto de 11,3 millóns de habitantes.

Dunha cidade romana chamada Londinium, a capital da rexión administrativa romana Britannia, a cidade acabou por se tornar o centro do imperio británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.

Londres ten sido un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais por case dous milenios (a pesar de ter sido Winchester a capital de Inglaterra durante gran parte da Idade Media).