Portal:País Vasco/Cidade destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bilbao (en éuscaroBilbo, en castelán e oficialmente: Bilbao) é unha cidade do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco.

Situada na comarca do Gran Bilbao e atravesada polo río Nervión que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría, ten unha poboación de 354.145 habitantes e unha extensión de 41,26 km² cunha densidade poboacional de 8.583 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto de 1 000 000 de habitantes.

Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.