Portal:Música rock/Artigo destacado/febreiro 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nirvana ao vivo.

Confusion Is Sex é o primeiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, orixinalmente editado en 1983 polo selo independente Neutral Records. Foi reeditado no ano 1995 pola DGC Records con máis temas tirados do EP Kill Yr. Idols. A imaxe da portada é un bosquexo feito pola baixista Kim Gordon do guitarrista Thurston Moore. Esta imaxe foi usada en cartaces de concertos nas primeiras etapas da banda.

O álbum é a segunda edición da banda, despois do EP Sonic Youth lanzado en 1982. Inicialmente foi concibido como un sinxelo, pero a banda decidiu gravar todas as novas cancións compostas para conformar o álbum. As baterías foron gravadas por Jim Sclavunos, agás un par de temas gravados por Bob Bert.