Portal:Música/Instrumentos musicais/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O violoncello ou violonchelo é un instrumento musical de corda fretada pertencente á familia do violín e de tamaño e rexistro entre a viola e o contrabaixo. É un dos instrumentos básicos e fundamentais da orquestra dentro do grupo das cordas, realizando normalmente as partes graves, aínda que a súa versatilidade tamén permite aos intrumentistas que o tocan interpretar partes melódicas. Tócase, xeralmente, refregando un arco coas cordas e co instrumento suxeito entre as pernas do violoncellista.

Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta, sendo estas La(I)-Re(II)-Sol(III)-Do(IV), ou en notación absoluta, La3-Re3-Sol2-Do2, unha oitava máis grave que a viola.

O seu nome provén do italiano e quer dicir "violón pequeno"; o violón era un instrumento semellante ao contrabaixo. Tradicionalmente é considerado un dos instrumentos de corda que máis se asemella á voz humana. Ó longo da historia da música compuxéronse moitas obras para violoncello debido á súa grande importancia dentro do panorama musical, ao ser este un instrumento básico en moitas formacións instrumentais.

Os violoncellos comezaron a construírse a finais do século XVI pero non fixaron as súas medidas actuais até principios do século XVIII.