Portal:Israel/Biografía destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ilan Ramon (hebreo: אילן רמון, pronunciado iˈlan raˈmon), nado en Ramat Gan o 20 de xuño de 1954 e finado en Texas o 1 de febreiro de 2003, foi un coronel da Forza Aérea Israelí e astronauta da NASA.

Ramon foi especialista de carga no transbordador espacial STS-107, a misión do Columbia, na cal faleceu xunto a outros seis membros da tripulación durante o accidente de re-entrada na atmosfera terrestre. Tralo accidente foi condecorado a título póstumo nos Estados Unidos de América coa medalla de honra no espazo do Congreso...