Portal:India/Artigo destacado/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ganxes,ou Ganga, (devanágari: गंगा ; (IPA: ˈgænʤiz ; IAST: Gaṅgā ; na maioría das linguas da India, IPA2: ˈgəŋgaː) é un dos ríos principais do subcontinente indio, que flúe en dirección leste a través das chaira epónima do norte da India até Bangladesh. Os seus 2,510 km (1,557 mi) de percorrido comezan no Glaciar Gangotri no estado indio de Uttaranchal, na parte central do Himalaia até desembocar no golfo de Bengala, formando un vasto delta no Sundarbans. É un río sacro para os hindús, recibindo culto a través da súa divindade, personificada como a deusa Ganga.

O Ganga ou Ganxes e máis os seus tributarios, dos que destaca o río Yamuna, baña unha grande e ampla conca dunha área de preto de un millón de km2, que acollen das maiores densidades poboacionais da Terra.

O Ganga ou Ganxes está considerado como sagrado polo hinduísmo, sendo un lugar de peregrinación para os fieis, o que fai que no seu curso existan varios sitios sagrados hindús, como Haridwâr (ou Hardwâr) e Vârânasî (ás veces chamado Kâshî ou Bénarès. A inmersión no Ganxes permite que o crente lave os seus pecados e a dispersión das cinzas no río, logo da cremación do cadáver, pode beneficiar unha mellor vida futura, e mesmo atinxir a moksha ou liberación, é dicir, a saída do mundo fenoménico.