Portal:Historia/Efemérides destacadas/17 de abril
Aparencia
- 69, Vitelio convértese no emperador romano, trala primeira batalla de Bedriacum.
- 1277, nace Miguel IX Paleólogo, co-emperador bizantino.
- 1492, os reis católicos e Cristovo Colón asinan as Capitulacións de Santa Fe, que recollen os acordos alcanzados entre ambas partes relativos á expedición que emprendería Colón na busca dunha vía alternativa para chegar a Asia.
- 1555, tras de 18 meses de sitio, Siena réndese a Florencia. Incorporándose a República de Siena ao Gran Ducado de Toscana.
- 1941, o Reino de Iugoslavia réndese ante a Alemaña nazi, no marco da II Guerra Mundial.
- 1946, Siria consegue a independencia de Francia.
- 1969, é deposto Alexander Dubček, presidente do Partido Comunista de Checoslovaquia.
- 1978, é asasinado Mir Akbar Khyber, o que provoca un golpe de estado comunista en Afganistán.