Portal:Hóckey sobre xeo/Artigo destacado/5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Hockey Club Lev Poprad, máis coñecido como Lev Poprad, foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad (Eslovaquia) que competiu na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL) durante a tempada 2011-12, para posteriormente disolverse e refundarse en Praga (República Checa) como HC Lev Praha en 2012. O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas. Na única tempada que o equipo eslovaco xogou na KHL non conseguiu a clasificación para os play-offs, finalizando na última posición da súa división e sendo o 21º clasificado ao final da liga cun total de 54 puntos noutros tantos partidos.

O eslovaco Ľuboš Bartečko foi o capitán do equipo e o máximo puntuador do equipo, metres que o checo Tomáš Netík foi o máximo goleador e o tamén eslovaco Juraj Mikúš foi o máximo asistente. O equipo estivo dirixido polo adestrador checo Radim Rulík. O Lev Poprad estaba integrado principalmente por xogadores checos e eslovacos.