Portal:Hóckey sobre xeo/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
PJ Axelsson.jpg

Os Boston Bruins son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Boston, Massachusetts (Estados Unidos). Os Bruins comptiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrados na Atlantic División da Conferencia Leste. Xogan os seus partidos como locais no TD Garden dende 1995. O equipo gañou a Stanley Cup en seis ocasións, ademais de gañar dous títulos de conferencia e 21 de división.

Fundados en 1924, os Boston Bruins son unha das franquías máis antigas da NHL que siguen activas. Entre 1942 e 1967 formou parte do denominado Original Six xunto cos estadounidenses Chicago Blackhawks, New York Rangers e Detroit Red Wings, e os canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs. Foron o primeiro equipo da NHL en instalarse nunha cidade dos Estados Unidos, e tan só os Canadiens e os Maple Leafs (daquela chamados St. Patricks), son anteriores aos Bruins. Dende a súa primeira tempada (1924-25), os Bruins teñen disputado dezaoito veces a final da Stanley Cup, conseguindo o campionato en seis ocasións os anos 1929, 1939, 1941, 1970, 1972 e 2011. Os seus rivais históricos son os Montreal Canadiens, quen os bateu en todas as ocasións nas que os dous equipos se encontraron na final.